21 de xan. de 2022

OIA

Os Socialistas de Oia publican os resultados da Enquisa de Intención de Voto 

De cara ás eleccións municipais de 2023

 


Infogauda  / 
Oia

 O PSdeG-PSOE de Oia fixo público este venres día 21 de xaneiro de 2022, que vén de rematar o proceso de realización de enquisas a través de chamadas telefónicas (75) cunha marxe de erro dun +/-3% entre os veciños do municipio de Oia. 

 Segundo os datos acadados despois da realización da Enquisa de Intención de Voto de cara ás eleccións municipais de 2023 en Oia, o Partido Popular gañaría as municipais en Oia, pero perdería a maioría absoluta. 

 Cunha participación do 80% e un 30% de indecisos, o Partido Popular perdería 4 puntos de apoio con relación aos resultados acadados no 2019, o que faría que perdesen un concelleiro. 

 O PSdeG-PSOE de Oia subiría 5 puntos ata o 38% e gañaría un concelleiro. 

 O BNG experimentaría tamén unha subida de máis de 3 puntos, aínda que se quedaría lonxe de obter o seu segundo concelleiro, co cal o reparto de concelleiros quedaría do seguinte xeito: 

PP – 5 concelleiros 

PSdeG-PSOE – 5 concelleiros 

BNG – 1 concelleiro 

Ningún comentario:

Publicar un comentario