10 de xan. de 2022

O ROSAL

O Concello do Rosal organiza un obradoiro gratuíto de poda de froiteiras  

Será este sábado, no Espazo de Autoarranxo Municipal, entre as 15.30 e as 19.30 horas e a inscrición xa se pode realizar a través da web  




Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal organiza o vindeiro sábado 15 de xaneiro un obradoiro gratuíto de poda de froiteiras para axudar á veciñanza a realizar esta tarefa da mellor forma posible. Será no Espazo de Autoarranxo Municipal entre as 15.30 e as 19.30 horas e a inscrición xa se pode realizar a través dun formulario habilitado na web do Concello.  

 A alcaldesa, Ánxela Fernández, anima a toda a veciñanza a asistir e lembra que a formación será impartida polo técnico agrícola, Óscar Álvarez, e que vai constar dunha parte teórica e outra práctica. O curso contará cun máximo de 40 participantes, xa que o aforo do espazo é limitado, e as prazas asignáranse por orde de inscrición.  

 A parte teórica vai desenvolverse no Espazo de Autoarranxo (a carón do CPI Manuel Suárez Marquier) e desde alí as persoas participantes desprazaranse a unha finca para realizar a parte práctica. En caso de choiva, a parte teórica manterase e a parte práctica aprazarase. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario