O Concello de A Guarda da os parabéns a Anair Lomba pola súa traxectoria deportiva
• A deportista guardesa ven de anunciar recentemente a súa retirada do deporte profesional
Infogauda / A Guarda
No día de hoxe, mércores 26 de xaneiro de 2022, o Concello de A Guarda fixo público que quere "expresar publicamente os seus parabéns á deportista guardesa Anaïr Lomba “Lombi”, unha xogadora de fútbol feminino que vén de anunciar recentemente a súa retirada do deporte profesional debido ás lesións que viña arrastrando dende fai un tempo nos seus xeonllos".
A futbolista, que viña xogando coma capitana do equipo feminino do Real Club Deportivo Espanyol de Barcelona, S. A. D. nas pasadas tempadas, anunciou entre bágoas o pasado luns o seu “adeus”, como xogadora, a unha carreira deportiva que a levou a xogar en equipos como a Unión Deportiva Guardesa e no equipo de fútbol feminino da Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo, de Vigo, onde grazas ao seu famoso gol subiu á Primeira División, o primeiro ascenso dun equipo de fútbol feminino de Galicia a esta categoría, ou no Espanyol, onde tamén tivo a oportunidade de xogar na máxima categoría de competición.
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, quere "amosar todo o seu apoio a esta deportista de elite, dando os seus parabéns á súa traxectoria deportiva e animándoa nesta nova etapa da súa vida".
Ningún comentario:
Publicar un comentario