A Concellaría de Turismo e o grupo de fotógrafos Capturando A Guarda, editan o Calendario fotográfico Concello da Guarda, 2022
• Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.
Infogauda / A Guarda
A Guarda conta cunha paisaxe e un patrimonio destacados, que moitos visitantes desfrutan fotografando, para gardar esas imaxes nos seus fogares e manter vivo o recordo da súa estadía nesta vila privilexiada.
"Entre a desembocadura do río Miño, Portugal e o Océano Atlántico", é o lema da iniciativa que vén de presentar a Concellería de Turismo, do Concello de A Guarda.
"Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un calendario fotográfico onde as fotos sexan as protagonistas", dixo o alcalde Antonio Lomba Baz.
"Na selección das fotografías - engadiu Antonio Lomba - procurouse manter a temática da auga e do mar como elemento unificador, sen esquecerse do noso patrimonio e as festas."
A súa vez o concelleiro de Turismo, Rafael Álvarez Martínez, dixo que "as fotografías foron aportadas por tres veciños que comezaron a colaborar co Concello. Na primavera de 2021 mantivéronse contactos con fotógrafos afeccionados e veciños da Guarda para mellorar a imaxe fotográfica e ofrecer novas panorámicas co estilo propio deste veciños.
Despois destas conversas acordouse a creación do Grupo Capturando A Guarda e que está intregado por Lecio Alonso, Dionisio Ameal e Emilio Baz.
A finalidade deste grupo é que A Guarda mellorara a súa imaxe turística nas diferentes actuacións e accións promocionais e os tres fotógrafos afeccionados poderán dar a coñecer a súas fotos, que estarán identificadas co nome de seu autor e co agradecemento como Grupo Capturando A Guarda".
Na tardiña de onte luns día 10 de xaneiro de 2022, formalizouse a colaboración conxunta coa sinatura do contrato de cesión de fotografías entre o alcalde, Antonio Lomba, e os integrantes do Grupo Capturando A Guarda, Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz.
Neste acto tamén estivo presente o concelleiro de Turismo, Rafael Álvarez, que aproveitou para presentar ao Grupo Capturando A Guarda e tamén o calendario fotográfico como "a súa primeira participación dentro do proxecto para a renovación da imaxe fotográfica da nosa vila".
"O calendario fotográfico Concello de A Guarda será distribuído entre veciños, visitantes e turistas para que leven un cachiño impreso da nosa paisaxe. Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso", dixo o concelleiro Rafael Álvarez.
Dese xeito, ainda que nos primeiros días hábiles deste 2022 algunhas persoas xa se habían interesado na Casa do Concello de A Guarda polos almanaques, recibindo como resposta que "non había", desde este xornal dixital transfronteirizo saudamos que a día de hoxe xa estén dispoñibles, o cal non impede que suxiramos que en vindeiras emisións dos almanaques do Concello de A Guarda, se procure que estén a disposición da veciñanza desde o mes de decembro de cada ano. De facelo así, moitas familias que habitualmente residen noutras localidades, comunidades autónomas e mesmo no extranxeiro, e veñen a pasar algunhas datas de nadal na vila de A Guarda, poderían recoller seu correspondente almanaque e levalo consigo cando volten a seus fogares. Sería un xeito de facer máis produtivo o investimento económico que conleva súa edición, e ao mesmo tempo tentar evitar, no humanamente posible, que logo queden sen repartir un número indeterminado de exemplares. Somentes é cuestión de ter á necesaria previsión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario