1 de xul. de 2021

A GUARDA

“Teatro no Trega”

Con Os QuinquillánsA Guarda evoca a "Viaxe de Exeria ao Castro"

As visitas teatralizadas terán lugar, previa inscrición en centrocultural@aguarda.es, todos os mércores de xullo e agosto 

Haberá dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, con saída dende a explanada da Casa Forestal do Monte Santa Trega  



Infogauda / A Guarda

 Despois do éxito acadado en edicións precedentes, o Concello da Guarda volta a brindar nos meses de xullo e agosto de 2021 “Teatro no Trega”, a cargo da compañía Os Quinquilláns. 

 Nesta edición a actividade realizarase no sector Mergelina  - orientado ao nacente e cunhas fermosas vistas a Camposancos, ao río Miño e a Portugal -, do Castro do Monte Santa Trega, con dous pases, ás 18:30h e ás 20:00h, previa inscrición, dende o luns previo a cada cita, en centrocultural@aguarda.es, indicando nome completo dos asistentes e teléfono (inscrición por grupos de conviventes). 

 "A viaxe de Exeria ao Castro" é unha actividade que traslada aos asistentes á época na cal o poboado castrexo do Monte Santa Trega estaba habitado, cunha representación teatral na cal a nobre e valente Exeria, tras anos viaxando, volve á Gallaecia, súa terra, chea de proxectos, entre os que está a conversión dos habitantes do Castro, supostamente abandonado, nunha vila organizada de acordo aos novos tempos. Mais o Castro garda moitas sorpresas e tesouros que custodia Grovio, o seu último e inesperado habitante. 

 A representación está inspirada na personaxe histórica de Exeria, muller peregrina no século IV. En torno ao ano 380 esta muller procedente dunha familia nobre do Noroeste peninsular -Gallaecia- emprendeu viaxe ata Xerusalén e a súa peregrinación quedou constatada nas cartas que enviaba a amigas e familiares. Na Idade Media estes escritos foron compilados por un monxe da Abadía de Monte Casino no Itinerarium de Egeria. 

 Este Itinerarium - considerado "o relato de viaxes máis antigo no noso país do que se ten noticia" - inclúe detalladas descricións do periplo ata Oriente, na que visitou os  Santos Lugares (Exipto, Palestina, Siria, Mesopotamia, Asia Menor e Constantinopla),... 

 Entre outros sitios, Exeria tamén visitou Seulecia do Tigris, sendo esta unha das primeiras referencias que vincularían ó culto a Santa Trega -moi arraigado en Asia Menor e na parte oriental do Imperio Romano- coa Península Ibérica.

A GUARDA

Continúa aberto o prazo para que os negocios podan solicitar axudas para cubrir gastos relacionados coa COVID 

Esta liña de axudas está dirixida a entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas, e conta cunha partida orzamentaria de 75.000 euros 


Casa dos Alonso, sede do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda
 

Infogauda / A Guarda

 Desde o inicio da pandemia o Concello de A Guarda leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos desta crise.   

 Recentemente vén de finalizar o prazo de presentación de solicitudes para a primeira liña de axudas, que estaba dirixida a aqueles negocios que tiveron que pechar temporalmente a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, da Xunta de Galicia, que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.  

 De acordo cos datos feitos públicos  polo equipo de goberno do Concello de A Guarda "presentáronse a esta convocatoria un total de 42 empresas, fundamentalmente do sector da hostalería. A estas axudas, que ascendían a un máximo de 700€ por negocio, súmanse a redución do 25% na taxa de lixo que se aplicou a todos os negocios da vila que o solicitaron, e que foi aplicada a un total de 70 establecementos.  

 Outra das medidas urxentes postas en marcha polo Concello para apoiar ao sector da hostalería consistiu en facilitar a instalación ou ampliación de terrazas, así como a eliminación do cobro das taxas por ocupación de vía pública, tanto durante o ano 2020 como durante o presente ano.    

 Desde o Concello recordamos que ata o 8 de xullo seguirá aberta a convocatoria para solicitar a segunda liña de axudas que está dirixida a negocios en xeral e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas na vila.  

 Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.   

 O rango de gastos subvencionables nesta convocatoria incluirían gastos en material de prevención da COVID, inversións necesarias para adaptar o negocio á pandemia, incluso gastos de arrendamento e de cotas de autónomos e Seguridade Social."    

 As solicitudes presentaranse ben de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello da Guarda, ben de forma telemática a través da sede electrónica www.aguarda.sedelectronica.gal   

 Máis información na páxina web do Concello de A Guarda.

O ROSAL

O Rosal inicia accións "para denunciar o desmantelamento do servizo de Atención Primaria"  

· A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca unha concentración para este sábado 3 de xullo (12 h) na Praza do Calvario   

Infogauda / O Rosal

 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal iniciará esta semana unha serie de accións para denunciar o constante desmantelamento que está a sufrir o servizo de Atención Primaria no municipio. Por este motivo, convoca a todo a veciñanza a participar este sábado 3 de xullo a participar na concentración que se celebrará ás 12.00 horas na Praza do Calvario para poñer de manifesto unha vez máis a situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e as deficiencias nas instalacións.  

 Durante a concentración as persoas participantes poderán escoitar o testemuño dunha das médicas do centro de saúde. Ademais a Plataforma recollerá sinaturas para que se tomen medidas ante o progresivo deterioro do servizo que se entregarán nos vindeiros días na delegación da Consellería de Sanidade e na xerencia do SERGAS.  



 Por outra banda, dende este mesmo xoves a veciñanza que acuda ao centro de saúde poderá ver un cartel no que se irá poñendo cada día información sobre o persoal que está de servizo nesa xornada. "O obxectivo - indican desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal - é poñer de manifesto as carencias continuas deste centro de saúde, no que os rosaleiros e rosaleiras xa non dispoñen de matrona nin pediatra e no que non se substitúe ao persoal sanitario cando está de baixa ou colle vacacións. A Plataforma irá publicando diariamente nas redes sociais todas estas carencias." 

Anos de deficiencia 

 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal lembra que "o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente polas deficiencias nas  instalacións e a falta de medios persoais, que no Rosal implica que o persoal sanitario atenda a un número de pacientes que supera as recomendacións dos colexios médicos e da OMS. 

 A situación agravouse de xeito importante durante a pandemia. A carencia de espazo e de dotación material do Centro de Saúde obrigaron a desprazar á Guarda o servizo de pediatría e a pechar a consulta de San Miguel. Ademais, a implantación da atención telefónica supuxo un afondamento no deterioro do servizo, ademais de poñer ás profesionais do centro nunha situación límite ao enfrontarse a unha multiplicación da carga de traballo e a unha sobrecarga emocional, xa que unha parte da poboación os fai responsables do deterioro do servizo".  

 Asemade "nunha reunión co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a alcaldesa Ánxela Fernández explicoulle os problemas da atención primaria no Rosal. Neste encontro, aínda que o conselleiro admitiu a existencia de carencias de persoal e expresou a intención de convocar unha praza de médico, non apreciou a necesidade de reforzar o servizo de pediatría nin comprometeu melloras nas instalacións."

TOMIÑO

O futuro Arquivo da Imaxe de Tomiño suma 300 novas fotos achegadas pola veciñanza   

· As persoas que queiran colaborar na construción deste importante proxecto, só teñen que chamar ao Concello para que dende aquí, se desprace persoal municipal a recoller as imaxes aos domicilios   

· As fotografías serán dixitalizadas e catalogadas, levándoas de volta nun prazo máximo de 72 horas 


Compoñentes dunha treboada miñota, na praza do Telleiro, en Figueiró (Tomiño)
Fotos: Cedidas (A.M.I.)

 

Infogauda / Tomiño

 Hai cousa de dous meses e medio que o Concello de Tomiño emprendeu a 2ª fase da creación do Arquivo da Imaxe Municipal, solicitando a colaboración de todas aquelas persoas da zona que tiveran fotos antigas nas súas casas.   

 Neste tempo houbo concretamente catro achegas realizadas por este sistema, nas que se recolleron máis de 300 instantáneas; incluída unha colección particular impresionante pola súa antigüidade e tamén pola súa magnitude (nada menos que 220 fotografías dunha primeira entrega, xa que haberá outra en breve).  


Familia tomiñesa traballando na labranza

 Por outro lado, recolléronse unhas 90 imaxes do Centro Cultural de Estás; estase preparando material da parroquia de Tebra e está prevista a organización de xuntanzas veciñais por distintos  lugares da vila, co fin de explicar o proxecto dunha forma máis directa á cidadanía e sumar así máis fotografías. 


Grupo de mulleres tomando café na romaría da Madalena, no Monte da Pedrada
 

 Desde a Concellería de Cultura continúan convidando á veciñanza en xeral, a buscar fotos antigas de Tomiño nas súas casas ou que estean relacionadas co municipio. As persoas que queiran colaborar na construción deste importante proxecto para a memoria colectiva de Tomiño, só terán que chamar ao Concello para que dende este, se despracen os técnicos ou técnicas a recoller as imaxes polos domicilios. As fotografías serán dixitalizadas e catalogadas, levándoas de volta ao domicilio nun prazo máximo de 72 horas. 


O traballo no agro é duro, e toda axuda agradécese
 

 Este método de recollida foi elixido por ser considerado o máis seguro e fiable, tendo en conta o contexto da pandemia do Covid-19, co fin de evitar o contacto interpersoal o máximo posible.   

 De todos os xeitos, no caso de que algunha persoa ou familia contase cunha colección de grande importancia e antigüidade e tivesen reparos sobre a súa recollida, desde o Concello valoran a posibilidade de facer excepcións puntuais, realizando desprazamentos ás casas para realizar a dixitalización in situ.  

 Para porse en contacto só é preciso chamar por teléfono ao Concello en horario de 8 a 14 horas (986 622 001/03), solicitando a atención do Departamento de Cultura.   

 A concelleira encargada da área, Ana Isabel Fernández, destaca a importancia do proxecto. “A creación do arquivo ten unha importancia fundamental para a conservación e a divulgación da historia de Tomiño e loxicamente queremos contar coa colaboración da veciñanza. O proceso de dixitalización é 100% seguro e as familias terán de volta as súas fotografías nun máximo de tres días”, explica.  Espérase que o arquivo da imaxe sexa instalado na futura biblioteca de Tomiño, podendo ser consultado por todas as persoas interesadas, e divulgándoo ademais a través de exposicións temáticas periódicas.  A primeira fase da creación do fondo consistiu na recollida de máis de 3.000 fotografías procedentes de múltiples, fontes tales como hemerotecas de xornais, revistas e outras publicacións; arquivos fotográficos e fundacións, etc.

CAMINHA

Campanhas de esterilização de animais de companhia aproximam-se das sete centenas de intervenções 

Pandemia não travou intervenção na área do bem-estar animal


O trabalho na componente do bem-estar animal, impedindo a proliferação descontrolada de ninhadas, não parou durante os períodos mais críticos da pandemia

Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 As duas campanhas de esterilização de animais de companhia (cães e gatos) lançadas pela Câmara Municipal de Caminha somam quase sete centenas de intervenções desde que foram lançadas, mas só nos seis meses deste ano registaram-se já 325 esterilizações, o que significa um forte incremento, sobretudo na campanha CED, que está a ser levada a cabo em colaboração com a Associação Selva dos Animais Domésticos. O número de felídeos lidera claramente e de forma esmagadora, o que não surpreende, já que uma das campanhas tinha precisamente como objectivo a intervenção na área dos gatos silvestres e colónias.  

 O trabalho na componente do bem-estar animal, impedindo a proliferação descontrolada de ninhadas, não parou durante os períodos mais críticos da pandemia e nem sequer abrandou. Os números apurados demonstram que, até ao dia de ontem, foram esterilizados cerca de 600 animais de rua (campanha CED - captura, esterilização e devolução), sendo maioritariamente, como referimos, fêmeas (400 gatas e 200 gatos).  

 Por outro lado, a campanha desenvolvida diretamente pelo Município soma um total de 75 animais: 41 gatas, 20 gatos, 4 cães e 10 cadelas. Neste caso, está em causa o Regime Especial de Esterilização de Animais de Companhia, sujeito ao normativo com o mesmo nome, ou seja, ao Regulamento do Regime Especial de Esterilização de Animais de Companhia. Este regime é aplicável aos animais de companhia, cães e gatos, cujo detentor faça parte de um agregado familiar com carências económicas, devidamente comprovadas pelos Serviços de Ação Social do Município, mas também se aplica a animais que sejam resgatados das ruas por populares ou associações zoófilas legalmente constituídas.  

 O documento, online no sítio oficial do Município na Internet, explica detalhadamente o procedimento a seguir para os candidatos poderem beneficiar deste regime. Está disponível na área “Viver”, devendo ser selecionada a componente “Documentação” e seguidamente “Regulamentos”.  

 Quanto à campanha CED, que resultou da vontade da população expressa através do Orçamento Participativo de Caminha, o foco são sobretudo os gatos silvestres e as colónias. A associação Selva dos Animais Domésticos é a responsável pela operacionalização do projeto, cabendo também ao Município, além da transferência da verba, a monitorização do trabalho, função da responsabilidade do veterinário municipal.

VILA PRAIA DE ÂNCORA

Noites da Vila celebram Vila Praia de Âncora com cartaz de luxo de 08 a 11 de julho

NEEV, Linda Martini, Capitão Fausto e Samuel Úria são os nomes que subirão ao palco idílico no Dólmen da Barrosa




Infogauda / Vila Praia de Âncora (Caminha)

Vila Praia de Âncora vai receber nos dias 08, 09, 10 e 11 de julho, quatro espetáculos inseridos nas Noites da Vila, um evento que tem como objetivo celebrar os 97 anos desde a elevação de Vila Praia de Âncora a vila. Serão quatro noites, com quatro atuações únicas, a terem lugar no Dólmen da Barrosa, um local megalítico e património inestimável nacional. A entrada é gratuita, sendo apenas necessário reservar os bilhetes nos Postos de Turismo de Caminha e Vila Praia de Âncora, a partir de dia 02 de julho. Todas as normas de higiene e segurança impostas pela DGS serão estritamente cumpridas, não sendo necessário a apresentação de testes à entrada, uma vez que a ocupação é de 200 lugares.   

 Dia 08 de julho, dia oficial de Vila Praia de Âncora, as Noites na Vila arrancam com um espetáculo do compositor, multi-instrumentista, interprete e escritor, NEEV, um dos mais internacionais artistas portugueses, que com apenas um álbum de estúdio editado conquistou a atenção mundial. “Philosotry” foi produzido pelo reputado Larry Klein (Joni Mitchell, Herbie Hancock, Melody Gardot, Tracy Chapman) e a par de "Breathe", lançada com o norueguês SEEB, e "Dancing in the Stars", tema mais votado pelo público no Festival da Canção 2021, servirá de ponto de partida para o concerto em Vila Praia de Âncora já na próxima quinta-feira.   

 No dia seguinte, 09 de julho, é a vez de Linda Martini subirem ao palco bucólico no Dólmen da Barrosa. A banda de André Henriques, Cláudia Guerreiro, Hélio Morais e Pedro Geraldes, uma das mais acarinhadas pelo público e pela imprensa nacional, viaja a norte para apresentar alguns dos novos temas, “E não sobrou ninguém” e “Horário de Verão”, bem como as faixas que os catapultaram para o sucesso. A banda já conhecida pelos seus espetáculos absolutamente explosivos promete uma noite memorável.   

 Já a 10 de julho, sábado, os Capitão Fausto tomam conta do palco. O quinteto composto por Tomás, Salvador, Francisco, Manuel e Domingos, é hoje considerado por muitos uma das bandas mais importantes da sua geração. Apesar do negro período que cruza o mundo da cultura, o grupo não ficou de braços cruzados e para além dos concertos em agenda, atiraram-se para um projeto distinto: levar a música até ao cinema com “Sol Posto”. Uma experiência de filme-concerto que levou os fãs da banda a mais de 70 salas de cinema, sendo o filme mais visto em Portugal na semana de estreia, o que lhe valeu a entrada no top 10 dos filmes portugueses mais vistos em 2020, tendo ainda chegado a casa dos portugueses via streaming e vídeo on demand. Deste concerto pode-se esperar a energia acumulada destes cinco intrépidos músicos portugueses.   

 Por último, dia 11 de julho, para fechar em grande as Noites da Vila, o palco montado no Dólmen da Barrosa recebe de braços abertos o mestre do uso da língua materna, Samuel Úria. O músico conta com novo disco, “Canções do Pós-Guerra”, editado este ano, mas em palco tudo se pode esperar. Uma coisa é certa, seja uma viagem pelos quatro registos de estúdio, ou simplesmente a apresentação do novo trabalho, será um espetáculo a não perder.  

 O evento realizado em parceria com o Município de Caminha tem como objetivo não só a celebração desta efeméride, como ser palco para o retorno dos artistas nacionais aos espetáculos num conceito diferenciado junto a um monumento de relevância histórica. O projeto irá envolver equipas e fornecedores locais promovendo uma retoma gradual ao trabalho no setor, ao mesmo tempo que contempla o apoio direto a um tecido essencial, também em crise: a restauração e hotelaria.   

 As portas abrem às 21h30 e os espetáculos terão início às 22h00. Reforça-se que a entrada é gratuita, sendo obrigatória a reserva prévia nos Postos de Turismo de Caminha e Vila Praia de Âncora, a partir de dia 02 de julho.

TURISMO

A Xunta de Galicia participa na presentación das guías turísticas das xuderías de Monforte, Ribadavia e Tui que reflicten o legado xudeu na nosa Comunidade  

· A Red de Juderías de España – Camino de Sefarad presentou esta mañá as tres novas publicacións destas tres vilas galegas integradas na súa rede.

· A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o legado xudeu galego e o turismo cultural como elemento de atracción turística para os viaxeiros


O Hostal dos Reis Católicos acolleu esta mañá a presentación oficial das tres novas guías turísticas
Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 O Hostal dos Reis Católicos acolleu esta mañá a presentación oficial das tres novas guías turísticas que a Red de Juderías de España- Camino de Sefarad ven de incorporar á súa colección para por en valor e difundir o legado xudeu no noso país, correspondentes a Monforte, Ribadavia e Tui. No acto participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a xerente da Red de Juderías de España, Marta Puig, a autora das guías, Alejandra Abulafia e os alcaldes das tres vilas, José Tome, de Monforte, Noelia Rodríguez de Ribadavia e Enrique Cabaleiro, de Tui.
 “Somos unha terra chea de historia e de patrimonio e, por iso, cada vez son máis os viaxeiros que nos elixen para descubrir os vestixios da nosa historia na que o legado xudeu é amplo e riquísimo, un pasado que forma parte do noso acervo cultural e que constitúe unha parte importante da nosa identidade cultural como galegos”, explicou a directora de Turismo de Galicia.
 As tres novas guías veñen a ampliar a colección de máis de 20 publicacións que xa ten editadas Camino de Sefarad, conformado un amplo católogo que permite dar a coñecer as xuderías existentes en España e o seu altísimo valor patrimonial e cultural. As publicacións nacen co obxectivo de por en valor este patrimonio, dos seus conxuntos medievais e, sobre todo, da herdanza das Comunidades xudías que os habitaron.
 Desde o punto de vista turístico trátase de publicacións que, ademais, veñen a enriquecer a oferta turística cultural de calidade en Galicia, ofrecendo novas experiencias nestes enclaves das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra constitúe a Comisión Interdepartamental para a elaboración dunha Axenda Urbana e Rural propia para a provincia 

· Está integrada por persoal do servizo de Infraestruturas, Mobilidade, Turismo Rías Baixas, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza   


A Deputación de Pontevedra acaba de constituír a Comisión Interdepartamental
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra acaba de constituír a Comisión Interdepartamental co obxectivo de elaborar de xeito participativo e con visión estratéxica unha Axenda Urbana e Rural propia para converter á provincia de Pontevedra nun espazo máis sostible, resiliente, inclusivo e seguro. A presidenta, Carmela Silva, presidiu esta mañá xunto ao vicepresidente, César Mosquera, a reunión de constitución da comisión que traballará establecendo redes con institucións, sectores estratéxicos e o tecido social, e estará integrada por persoal dos servizos de Infraestruturas (que coordina a comisión), Mobilidade, Turismo, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza.  

 Desde hoxe mesmo, que se ten constituído o grupo de traballo, a Deputación inicia o procedemento de elaboración da Axenda Urbana, centrándose, nun primeiro momento, na diagnose da situación de partida da provincia para poder obter un documento estratéxico que contemple os principios, obxectivos, criterios e pautas de actuación para o desenvolvemento sostible e integrador da provincia. Para iso a Comisión Interdepartamental seguirá a metodoloxía da Axenda Urbana Española que conta con fichas de axuda para poder poñer en marcha o plan. A Axenda Urbana e Rural da provincia identificará as áreas funcionais do territorio que, en moitos casos, coincidirán coas comarcas o que permitirá ser máis eficaces á hora de implantar accións ou programas. Ademais determinará as actuacións que se levarán a cabo, establecendo prioridades e ordenándoas en función da súa tipoloxía (se se trata de actuacións de carácter normativo, de planificación, de financiación, de mellora da gobernanza, de transparencia e participación, de intercambio e difusión de coñecemento ou boas prácticas e experiencias). Finalmente, o plan establecerá unha calendarización das actuacións e marcará os indicadores de avaliación de resultados.  

 Ademais, a Comisión Interdepartamental de Axenda Urbana e Rural para a provincia tamén valorará a presentación de propostas ao programa de axudas á elaboración de proxectos pilotos de Plan de acción local que contempla o compoñente 2 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno do Estado. Para iso a comisión da Deputación de Pontevedra traballará desde unha visión estratéxica, holística, integrada e sostible de acordo cos obxectivos establecidos na Axenda Urbana Española e aliñados coa Axenda 2030, a Nova Axenda Urbana das Nacións Unidas e a Axenda Urbana da Unión Europea. Coa constitución deste grupo de traballo a Deputación sitúase ao nivel de institucións provinciais como Barcelona ou Granada, que están tamén a traballar no desenvolvemento de Axendas Urbanas de ámbito provincial.  

 A institución leva xa máis de tres anos traballando na aplicación dun modelo de desenvolvemento integral da provincia sostible. Deste xeito xa no 2019 presentou un estudo da aplicación da Axenda 2030 nos programas da Deputación de Pontevedra. Tamén ten en marcha outras iniciativas transformadoras, centradas na Axenda 2030, no impulso da accesibilidade, na eficiencia enerxética, na loita contra o despoboamento ou no impulso da conectividade e a dixitalización na provincia como Ágora, o Plan estratéxico de fondos europeos, o Plan estratéxico provincial de turismo 2021-2023, o programa ReacPon, a estratexia provincial de infraestruturas e vías, ou os Plan de mobilidade urbana sostible, DepoRemse ou de Reequilibrio, así como os Plans de sustentabilidade turística nos destinos O Condado-A Paradanta e Deza-Tabeirós-Terra de Montes.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra, galardoada co Premio Bikefriendly 2021 da Rede de Cidades pola Bicicleta na categoría Liderado e Compromiso 

· O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, augura máis premios no futuro para o proxecto Ágora, que nesta ocasión superou as candidaturas do Concello de Barcelona e da Deputación de Biscaia   


Premio Bikefriendly 2021
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra, grazas a ‘Ágora', acaba de ser galardoada co Premio Bikefriendly 2021 da Rede de Cidades pola Bicicleta na categoría Liderado e Compromiso como a institución do Estado con mellor proxecto para impulsar e fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.  

 Segundo expón a organización do premio, a Deputación de Pontevedra obtivo o galardón Bikefriendly 2021 tomando o relevo do Concello de Sevilla –gañador da anterior edición– grazas "aos seus esforzos polo deseño e desenvolvemento de instrumentos orientados a impulsar, coordinar e avaliar accións orientadas a fomentar o uso da bicicleta nos seus territorios". Un total de dez entes públicos presentaron a súa candidatura para esta categoría, obtendo o Concello de Barcelona e a Deputación Foral de Bizkaia as mellores valoracións por parte do xurado só despois da de Pontevedra.  

 O deputado Uxío Benítez amosou a súa satisfacción polo triunfo, destacando que o ‘BikeFriendly' marca o inicio doutros posibles premios para ‘Ágora', un proxecto que segundo asegura "aínda ten moito percorrido por desenvolver". O nacionalista valorou ademais ter sido premiado na categoría de Liderado e Compromiso, xa que este apartado pon en relevo de maneira específica e inequívoca o traballo da Deputación por promover iniciativas que facilitan o uso de mobilidades alternativas como a bicicleta. "Que Ágora sexa unha iniciativa merecedora dun galardón a nivel español é un gran recoñecemento", manifestou.  

 O xurado desta edición estivo integrado por Laura Vergara, coordinadora xeral de ConBici; Ruth Lamas, coordinadora da Rede de Cidades pola Bicicleta; e Carlos Martín, director da área de consultaría de Bikefriendly Group.  

 Na valoración das candidaturas para cada unha das categorías dos premios tivéronse en conta e puntuado o compoñente innovador dos proxectos (ata 10 puntos), o seu impacto real, con incidencia  medible e resultados palpables (ata 10 puntos), a súa replicabilidade (ata 10 puntos) e o nivel de implicación dos axentes locais, a cidadanía e stakeholders (ata 10 puntos). 

 A entrega de premios realizarase o próximo 8 de xullo en Málaga tras a celebración do II Encontro da Bicicleta Urbana. O acto de entrega desenvolverase no Hotel Eurostars Málaga nunha cea para membros da Rede de Cidades pola Bicicleta. Previamente, ese mesmo día, desenvolverase no Cinema Albéniz de Málaga o II Encontro da Bicicleta Urbana. Unha xornada colaboradora da Estratexia Estatal de Mobilidade na que se darán a coñecer casos de éxito e problemáticas á hora de impulsar a mobilidade ciclista. Tamén haberá espazo para o debate nunha mesa redonda sobre ‘Marcos xerais de colaboración para o fomento da bicicleta', daranse a coñecer solucións para unha xestión intelixente da mobilidade urbana a través de solucións de IoT e Smart Data, como as de Amper Smart, e presentaranse solucións de mobilidade ciclista eléctrica como as de Littium.  

 Tras o Encontro da Bicicleta Urbana e previo ao acto de entrega dos Premios Bikefriendly, o Concello de Málaga liderará unha visita guiada en bicicleta para os asistentes ao Encontro e representantes da RCxB. Durante a visita, o equipo municipal expoñerá os últimos avances en infraestruturas e servizos relacionados coa ciclomobilidade na cidade, así como problemáticas e proxectos de futuro.

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez recebe Selo Europeu de Excelência na Governação Local (ELoGe)  

· A distinção foi atribuída pelo Centro de Peritos para a Boa Governação do Conselho da Europa, em cooperação com a UDITE (Federação Europeia dos Dirigentes da Administração Local)


O Presidente da Câmara Municipal, João Esteves, considera esta distinção como “o reconhecimento de uma governação de proximidade, eficiente e transparente

Fotos: C.M.A. de V.

María Joäo Brito / Arcos de Valdevez

 Arcos de Valdevez recebe Selo Europeu de Excelência na Governação Local (ELoGe). Esta distinção europeia foi lançada pelo Conselho da Europa, no quadro da “Estratégia para a Inovação e boa Governação a Nível Local” e é atribuída às autarquias locais que demonstrem ter alcançado um elevado nível de boa governação. 

 Com esta certificação pretende-se assegurar que os cidadãos devem beneficiar de uma boa governação democrática a nível local, através da melhoria contínua da qualidade dos serviços públicos, envolvimento da população e políticas que atendam as suas expetativas legítimas. 




 É avaliada a prestação de serviços públicos à comunidade local e do seu exercício, pelas autarquias locais, fazendo uso dos 12 princípios da Boa Governação Democrática, nomeadamente ao nível da: participação do Cidadão, realização justa de eleições, Representação; da capacidade de resposta; eficiência e eficácia; abertura e transparência; Estado de Direito; Conduta Ética; Competência e Capacidade; Inovação e Abertura à Mudança; Sustentabilidade e Orientação a Longo Prazo; Gestão Financeira Sólida; Direitos Humanos, Diversidade Cultural e Coesão Social; Responsabilidade (ser e ser responsabilizado pelas suas ações). 

 A distinção foi atribuída pelo Centro de Peritos para a Boa Governação do Conselho da Europa, em cooperação com a UDITE (Federação Europeia dos Dirigentes da Administração Local) e a ATAM (Associação dos Trabalhadores da Administração Local).  O Presidente da Câmara Municipal, João Esteves, considera esta distinção como “o reconhecimento de uma governação de proximidade, eficiente e transparente”, e agradece “o empenho de todos os colaboradores da Autarquia na obtenção deste prémio, que é mais um contributo para a construção de um Concelho mais justo, mais próspero, mais sustentável e com mais oportunidades para todos.”

ECONOMÍA

A CIG clama nas rúas contra unha reforma que empobrece as  nosas pensións 

· O colectivo de persoas xubiladas da central sindical mobilizouse este  xoves nas sete cidades galegas


O Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da  CIG levou a cabo mobilizacións nas sete cidades en defensa do sistema público e para  reclamar unhas prestacións dignas e garantidas

Foto: CIG
  

Infogauda / Galiza

 A CIG protagonizou hoxe a primeira resposta nas rúas contra a reforma das pensións que veñen de  pactar o Goberno español, os sindicatos estatais e as organizacións patronais e que suporá un  empobrecemento xeneralizado das contías. O Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da  central sindical levou a cabo mobilizacións nas sete cidades en defensa do sistema público e para  reclamar unhas prestacións dignas e garantidas. 

 A CIG amosou deste xeito o seu rexeitamento tanto ás formas como ao fondo dun acordo que non  reforza o sistema público e que mantén a ampliación da idade de xubilación e do período de cálculo, así como a supresión na práctica da modalidade de xubilación parcial.  

 Trátase da primeira parte dunha negociación que terá continuidade nos próximos meses, e que  anticipa un novo retallamento de dereitos en base ás esixencias da UE para acceder aos fondos de  reconstrución Next Generation. De feito, aínda que se elimina o denominado factor de  sustentabilidade, antes de rematar 2021 haberá unha nova fórmula (que chaman factor de equidade  interxeracional) que busca ter efectos similares, supoñendo un novo recorte nas pensións das  xeracións do coñecido como baby boom. 

 A central sindical considera que a reforma acordada “é insuficiente e mesmo regresiva” porque  seguirá en vigor na súa integridade a “brutal reforma” de 2011 que ten levado a unha caída  importante nas contías das pensións (de arredor dun 25%), xa que supuxo unha ampliación  progresiva da idade de xubilación até os 67 anos e do período de cálculo (que pasou dos 15 aos 25  anos) e suprimiu na práctica a xubilación parcial, tal e como se sinalou durante as protestas. 

Iguais ao salario mínimo 

 Tamén se denunciou que con esta nova modificación non se garante o poder adquisitivo das  prestacións, “xa que debera fixarse por lei que a pensión mínima sexa igual ao salario mínimo  interprofesional, e este debe de ser o 60% do salario medio, dacordo coa Carta Social Europea,  revalorizable co IPC real”. 

 As concentracións de hoxe fan parte da intensa campaña de mobilizacións que está a desenvolver a  central sindical a través do Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas en demanda dunhas  pensións dignas e garantidas e para reclamar ademais a creación dun servizo público galego de  atención ás persoas, o incremento dos orzamentos da atención á dependencia e un aumento de  prazas públicas en residencias e centros de día.