8 de nov. de 2021

PONTEVEDRA

O PP SOLICITA A DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA “APOIO” CARA Á RENOVACIÓN DO CONVENIO DOS GES E ASÍ “TER MELLOR A COBERTURA DE EMERXENCIAS EN PONTEVEDRA”  

• O voceiro popular Jorge Cubela presentou esta iniciativa na que se pide que a Deputación destine fondos provinciais para a renovación do convenio dos GES para o período 2022-2024, no que a Xunta inviste máis da metade do total 

• “Estamos nunha situación moi grave de indefensión e incer-teza para os nosos municipios. Se a Deputación non cum-pre coas súas competencias, atoparíanos nunha posición comprometida para a adecuada cobertura das emerxencias”  


Na rolda de prensa ofrecida por Jorge Cubela e Carmen Amoedo, estiveron presentes alcaldes e portavoces das vilas que se benefician de ter GES nos seus concellos

Infogauda / Pontevedra 

 O voceiro popular Jorge Cubela ven de presentar unha das iniciativa do seu grupo para o seguinte Pleno provincial, unha proposta na que se insta á Deputación a destinar fondos provinciais do novo exercicio para a renovación do convenio para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais no próximo período 2022-2024. Na rolda de prensa estiveron presentes alcaldes e portavoces das vilas que se benefician de ter GES nos seus concellos.  

 O obxectivo é mellorar  a cobertura destes servizos no mapa actual de emer-xencias, tendo en conta que os servizos de emerxencias son competencias das deputacións e dos concello con máis de 20.000 habitantes, e a Xunta sempre asumiu a súa vontade de dedicar más da metade do financiamento dos GES, superando un once millóns de euros no período 2019-2021.   

 A provincia de Pontevedra conta con 7 GES, 5 deles de doce persoas e con unha soa sede e dous con dúas sedes: Mancomunidade do Val Miñor, Baixo Miño, Ulla-Umia, Tabeiros-Terra do Deza, a Paradanta, A Lama, Redondela-Mos, máis dous servicios municipais de bombeiros, Sanxenxo e Ponteareas. Na pasada Comisión de Seguimento dos GES celebrada o 20 de outubro, a Xunta propuxo ás deputacións provinciais e á FEGAMP unha serie de medidas para continuar mellorando a cobertura do mapa das emerxencias en todo o territorio galego.  

 Varios foron os puntos proposto e que Cubela destacou co fin “de seguir garantindo atención no menor tempo posible de cara a renovación do actual convenio. O incremento do persoal, para que todos os GES teñan 12 efectivos, xa que no momento da súa creación algúns foron concibidos como subGES”, indicou o popular, que explicou que esta medida beneficiaría ao GES de Mos-Redondela, creado este ano e que conta con 6 integrantes en cada unha das subsedes, así como nos GES de Lalín e A Estrada, que contan con 6 e 10 membros respectivamente.  

 Por outra parte, foi suxerido duplicar a financiación dos catro servizos munici-pais de emerxencias en Galicia que prestan un servizo supramunicipal -Ponteareas e Sanxenxo na provincia de Pontevedra-, pasando de 155.000 eu-ros a 310.000 euros anuais para cada un.   

 Cubela tamén subliñou que a proposta inclúe a creación dun subGES con seis efectivos no Grove, “atendendo ao carácter peninsular deste concello e cun ámbito de actuación fundamentalmente municipal”. Ademais, a proposta do Goberno galego consiste en actualizar os salarios de todos os traballadores dos GES para adaptalos aos custes reais na actualidade, tendo en conta o aumento dende que se asinou o primeiro convenio no ano 2013.  

 “Estamos pois ante unha situación moi grave de indefensión e incerteza para os municipios da nosa provincia ao atoparnos nunha situación moi comprometida para a adecuada cobertura das emerxencias se a Deputación de Pontevedra non cumpre coas súas competencias”, indicou Cubela.  

 “A Deputación non pode estar calada mais tempo, esta renovación é algo fundamental para a provincia, para as nosas vilas e, sobre todo, para a segurida-des dos nosos veciños. Os GES fan unha labor indispensable de axuda. Non pode ser que a Xunta traballe por dar mellores servizos e Carmela Silva se agoche e non diga nada”, argumentou Carmen Amoedo, portavoz do PP de Redondela.  

 Nesta liña, Amoedo censurou que Silva dedique “os cartos dos pontevedreses a facer photocall, pero canda se trata da seguridade dos veciños de Pontevedra está calada e non se pronuncia”. 

 Estas medidas suporán un incremento de 1,5 millóns de euros no investimento anual do Goberno galego no mantemento destes grupos, dos que financia máis da metade do seu custo. Así, a Xunta aportará 6,3 millóns de euros anuais, un 31% máis que os 4,8 millóns do último convenio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario