20 de out. de 2021

GONDOMAR

Os Faladoiros do IEM: “O prezo do barato. Consumo responsable”

O vindeiro venres, 22 de Outubro, as 20:00h no Centro Neural de Gondomar (Edificio policía local) 




IEM / Gondomar 

 O vindeiro venres, 22 de Outubro, as 20:00h no Centro Neural de Gondomar (Edificio policía local), Albino Prada Blanco falaranos sobre o avance do hipercapitalismo dixital no relativo aos hábitos de consumo (en liña) e as formas de traballo dependente (teletraballo).   

 Avaliando brevemente as súas consecuencias no emprego e na distribución, na calidade dos servizos, no financiamento do sector público, na autonomía e na soberanía social e política dos países.   

 Despois dunha breve exposición de propostas sobre o particular, abriremos un coloquio.

 Presenta Pedro Telmo Rodríguez (k12 Comunicación).

Nota: 

 Por motivo alleos ao IEM, trasládase o faladoiro para un novo emprazamento:  

 Venres, 22 ás 20:00h no Centro Neural de Gondomar (Edificio policía local)

Ningún comentario:

Publicar un comentario