8 de out. de 2021

A GUARDA

PERRUQUEIROS SOLIDARIOS

Domingo día 10 de outubro, de 11:00 a 18:00 horas, na Alameda


Infogauda / A Guarda

 O vindeiro domingo día 10 de outubro, todos podemos colaborar coa Asociación San Vicente de Paúl, de A Guarda. Será moi doado. Na Alameda da vila haberá unha concentración de perruqueiros/as e barbeiros/as profesionais, procedentes de diferentes lugares de Galicia, que van facer unha xornada de solidariedade en beneficio da devandita asociación da localidade, que desde fai máis de un século vén axudando ás persoas que máis o necesitan.

 Os perruqueiros/as e barbeiros/as solidarios estarán desdeás 11:00 ata ás 18:00 horas. Realizarán cortes de cabelo a homes e mulleres, así como afeitados aos cabaleiros, peiteados as donas,  e cortes de cabelo a nenos/as, a un prezo de 7 euros por servizo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario