21 de set. de 2021

OIA

Representación do obradoiro de teatro veciñal xunto con artistas convidadas, este sábado no Mosteiro  

Contará coa participación das artistas Mónica de Nut (música), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música)   




 Infogauda / Oia

 Conta atrás para a representación a cargo do obradoiro de teatro veciñal de Oia, que este ano se desenvolverá no interior do Mosteiro de Oia. Cun formato de visita dramatizada e con temática feminina, esta proposta cultural contará coa participación de 5 artistas galegas. A cita será o próximo sábado 25 e haberá tres pases: ás 12.00 horas, 17.00 e 19.00 horas.   

 A proposta deste ano desenvolverase baixo o título “6x6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores” e, xunto co alumnado do obradoiro veciñal, participarán un total de 5 artistas de diversas disciplinas: Mónica de Nut (música), Elsa Pereira (danza), Silvia Penas (poesía), AveLina Pérez (teatro) e Gloria Rodríguez Gil (música).  

 Seguindo os protocolos por mor da COVID-19, as prazas para asistir á actividade son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente no correo electrónico cultura@concellodeoia.es ou no teléfono 639 329 493 (indicando nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto). Para máis información pódese chamar ao Concello de Oia ao número 986 362 125.  

 A visita dramatizada constará de varias pezas de temática feminina, poñendo en valor a achega das mulleres na historia de Oia e recoñecendo traballos tradicionalmente invisibilizados ou pouco recoñecidos.   

 A actividade forma parte do proxecto “6x6 punto de encontro o Arrabal: o mar tamén ten amores”, organizado polo Concello de Oia e beneficiario do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario