1 de set. de 2021

DEPORTES

A Guarda licita as obras de instalación dun tratamento térmico do pavillón da Sangriña

O orzamento de execución destas obras é de 94.473,77 euros (IVE engadido)


Vista do interior do pavillón da Sangriña
Foto. C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda fixo pública a licitación das obras para a “Instalación dun tratamento térmico do pavillón da Sangriña”.  

 Segundo fixo público o equipo de goberno que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, "estas obras veñen a mellorar os problemas de condensación existentes no Pavillón da Sangriña e que motivou que se tivesen que suspender algúns partidos e adestramentos no pasado.  

 A Secretaría Xeral para o Deporte participa neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base sendo consciente da importancia da súa colaboración económica cos concellos para afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva, achegando 77.031,02€ e o Concello de A Guarda achega 18.894,75€."  

 O orzamento de execución destas obras é de 94.473,77 euros (IVE engadido). Os interesados nesta licitación poden obter información e presentar ofertas accedendo ao Perfil do contratante do Concello de A Guarda ou premendo na seguinte ligazón: https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=b5zHQhqlF%2FyiEJrVRqloyA%3D%3

Ningún comentario:

Publicar un comentario