20 de set. de 2021

A GUARDA

A festividade de Santa Trega continuará tendo restricións

• Non se realizarán nin a procesión, nin as poxas de produtos típicos, e a ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30 a 19:00h. 


Vista do Pico de San Francisco, desde O Facho, no Monte Santa Trega
Fotos: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 A Guarda acollerá este xoves día 23 de setembro, as celebracións da festividade de Santa Trega (festivo local), que neste ano tan atípico, e ao igual que sucedeu en 2020, debido ás medidas de prevención implementadas pola pandemia da COVID-19, terán que realizarse dun xeito distinto ao que en circunstancias normales viña sendo tradicional. 


Imaxe da protomártir Santa Trega, que se venera na ermita do Monte Santa Trega, en A Guarda

 Segundo informou o párroco ao alcalde de A Guarda, as misas, que tradicionalmente se celebran na ermida no Monte de Santa Trega, oficiaranse na igrexa parroquial de Santa María, ás 10:00h e ás 11:00h, respectivamente, e con limitacións de aforo. Asemade, tal, e como estipulan as normas sanitarias vixentes, non se realizarán nin a procesión nin as poxas de produtos típicos. 


Vista do interior da ermida de Santa Trega

 Na devandita xornada, a ermida de Santa Trega estará aberta ao público de 8:30 a 19:00h para todos os fieis e devotos que desexen facer as súas ofrendas, sempre respectando o aforo, as distancias de seguridade, o uso obrigatorio de máscaras de protección e hidroxel. 

 Como en anteriores ocasións, o concello insta a cumprir as medidas de prevención a toda a poboación: uso da mascarilla, hixiene de mans e o mantemento da distancia social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario