31 de ago. de 2021

A GUARDA

ANABAM PUBLICOU UN NOVO NÚMERO DO SEU BOLETIN "CARRIZAL"

Correspondente aos meses de maio-xuño, 2021




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Grazas - unha vez máis - ao activo Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), e a súa vez director-coordinador da publicación, que tivo a xenerosidade de achegarnos un exemplar, vimos de receber o nº 7 (Época II), do "Carrizal", correspondente aos meses de maio-xuño, 2021.

 "Carrizal", como muitos dos lectores de Infogauda saben, é o boletín informativo de ANABAM, colectivo que ten como principais fins a observación, defensa, protección, estudo, e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego-portugués.

 A publicación leva na portada unha fotografía de flores de Polygonatum odoratum, da autoría do veterano fotógrafo rosalés Luis Dorado Senra.

 No interior, ademais da información da composición da xunta directiva da entidade consernacionista, e dos medios de contacto (teléfono, WhatsApp, Messenger, enderezo electrónico,...), o boletín - que conta (como consta na contraportada - cunha subvención do Concello de A Guarda - acolle nas súas 42 páxinas impresas a toda cor en offset, empregando papel reciclado, o seguinte índice de artigos:

 O urbanismo de Santa Trega (II), de Antón Ferreira Lorenzo.

 Avalación da potencial contaminación do porto da Guarda, de Daniel Zarco Fernández.

 Detección de bacterias degradadoras de hidrocarburos nas augas superficiais da zona portuaria da Guarda, de Nayara Diego Rodríguez.

 Estudio comparativo da diversidade xenética dunha poboación de Charadrius alexandrinus, de Iria Sanz Berridy.

 Escaravellos do Baixo Miño. Trichius zonatus, de Javier Blanco-Souto.

 Conflictividade na xestión da Rede Natura 2000 no Baixo Miño, de Noé Ferreira Rodríguez.

 ANABAM colabora co proxecto Nor-Water, de Miguel A. Pombal Diego.

 Cousas de ANABAM

 - Sabías que?

 - Fauna silvestre recollida

 - 22 de abril: Día da Terra

 - Colaboracións [de Araceli Ozores Peixoto, Fabián González Álvarez e Nerea Cazás, que achegaron unha selección de fotografías de flora silvestre, obtidas en diferentes lugares do Baixo Miño].

 - Proxecto atropelos da fauna silvestre no Baixo Miño

 - SOS Escaravello da praia, de Agustín Ferreira Lorenzo.

 Apuntes da nosa historia. Ano 1995. Basilio Coimbra, Socio de Honra de ANABAM.

 Como se indica no boletín as persoas interesadas en publicar artigos neste boletín poden dirixirse a ANABAM por correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com) ou WhatApp (616 180 557). Os artigos teñem que ter relación directa ou indirecta coa bisbarra do Baixo Miño, dando preferencia a aqueles que traten asuntos da natureza e medio ambiente.

 As persoas que non sexas asociadas a ANABAM poden subscribirse ao "Carrizal", e dese xeito, ademais de apoiar as actividades que realiza ese colectivo, recibirán 6 números/ano. O importe da subscrición é - a día de hoxe - 35 euros/ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario