31 de ago. de 2021

A GUARDA

Palestra Petróglifos no Baixo Miño 

· A poñente será Alia Vázquez, doutora en Arqueoloxía

· Venres 3 de setembro, ás 20:00 no Centro Social Fuscalho da Guarda 




Asociación Cultural Xuliva / A Guarda

 A Asociación Cultural Xuliva organiza este venres 3 de setembro, ás 20:00 no Centro Social Fuscalho da Guarda, unha palestra sobre petróglifos no Baixo Miño. A poñente será Alia Vázquez, doutora en Arqueoloxía coa tese “A arte rupestre da Comarca do Baixo Miño: unha achega cuantitativa dende a perspectiva das novas ferramentas dixitais”.   

 Abordaremos os petróglifos da nosa comarca para coñecer o tipo de manifestacións que compoñen o conxunto desta zona. A nosa arte rupestre constitúese como unha parte importante da nosa sociedade, resaltando a nosa cultura e amosando a vida dos nosos antergos.     

 En cumprimento da normativa polo Covid-19, o aforo do Fuscalho verase reducido, sendo adxudicados os asentos por orde de chegada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario