O concello de A Guarda incrementa un 50% o número de prazas no campamento urbano
· Que se desenvolverá nos colexios de Solanas e Sinde, así como no recinto do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Educación e Formación, Fátima Rodríguez Marcos, acompañaron ás familias no inicio do campamento urbano que se desenvolverá nos colexios de Solanas e Sinde, así como no recinto do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz.
Este ano o equipo de goberno de A Guarda considerou que "era unha prioridade atender as necesidades das familias guardesas en relación coa necesaria conciliación entre a vida familiar e laboral durante a época de verán. Para iso decidiu utilizar recursos procedentes de actividades que non estaban programadas, coma a Festa da Langosta, e acordou adicar eses recursos en aumentar o número de prazas do campamento urbano, pasando de 40 no ano 2019 ás 60 deste 2021, sendo un incremento do 50 % respecto de anos anteriores.
Pero non só decidiu aumentar o número de prazas senón que se aumentou tamén o período que os nenos e nenas podían permanecer no campamento, permitindo chegar a un máximo de 60 días".
Segundo indican desde o executivo local "isto é froito da consideración que o equipo de goberno tivo en relación coas necesidades amosadas polas familias guardesas á hora de poder conciliar a vida familiar e laboral no período estival. A ninguén se lle escapa que nestes momentos de pandemia é moito máis difícil esta conciliación ao non poder contar as familias coa axuda dos familiares que en anos anteriores cubría esta necesidade. Se considerou que o concello debía atender esta problemática e adicar recursos municipais no campamento urbano, habilitáronse deste xeito tres espazos diferenciados para poder establecer grupos burbulla sen contacto entre eles como criterio de prevención de calquera tipo de contaxio. Como xa informou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Xunta de Galicia non lle concedeu ao concello da Guarda a subvención por conciliación, o que implica que temos que afrontar este servizo con recursos propios.
Ademais persoal municipal adicou tempo e esforzo para sacar adiante unha contratación nun tempo reducido, tempo e persoal que podería estar adicado á contratación doutros servizos, pero que o alcalde e concelleiros do equipo de goberno prefiren adicar a xestionar e solucionar os problemas reais da cidadanía."
Ningún comentario:
Publicar un comentario