19 de xul. de 2021

A GUARDA

ANABAM REANUDA Á PUBLICACIÓN DO SEU BOLETÍN CARRIZAL


Portada do boletín Carrizal, nº 6 (Época II), correspondente a marzo/abril de 2021

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Adxuntando unha nota subscrita por ANABAM indicando que "por problemas informáticos, non puidemos publicar no seu momento os números correspondentes a:

- marzo/abril

- maio/xuño

- xullo/agosto

 O correspondente a marzo/abril vai agora, unha vez solucionados os problemas  logo de recuperar os artigos e deseño.

 Nas vindeiras semanas iremos publicando os dous restantes números para a continuación seguir ao ritmo normal.

 Pedimos disculpas por iso a tódalas persoas lectoras desta publicación"; vimos de recibir o boletín Carrizal, nº 6 (Época II), correspondente a marzo/abril de 2021.

 Ao tempo que agradecemos a Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), e a súa vez, editor-coordinador do boletín Carrizal, que unha vez máis tivese a xenerosidade de achegarse ata a Redacción de Infogauda para facernos entrega dun exemplar de Carrizal, xesto que agradecemos de todo corazón, queremos indicar que no contido do devandito boletín de ANABAM, figuran os seguintes artigos:

· O urbanismo de Santa Trega, de Antón Ferreira Lorenzo.

· As sobreiras da Madalena en Eiras, de Xoán [Carlos] Gándara.

· Primeiro rexistro dun ave anelada na Guarda, recopilado por Antón Ferreira Lorenzo, de "La Voz de la Verdad", no seu número de 25 de novembro de 1911.

· Urces e carrascos da Serra da Groba, de Afonso Salvador Rodríguez González.

· Synema globosum. Araña Napoleón, de Agustín Ferreira Lorenzo.

· Proxecto Animais silvestres atropelados, de Xabier Pim.

· Avaliación da potencial contaminación no porto da Guarda, por TBT usando Nucella lapillus como bioindicador, de Daniel Zarco Fernández.

· Escaravellos do Baixo Miño. Oxyterea Funesta. Tropinota (Tropinota) Squalida squalida, de M. Javier Blanco Souto.

·  Nomes populares de Actinia equina.

· Salpichroa origanifolia, de Agustín Ferreira Lorenzo.

· Cousas de ANABAM.

· A nosa historia.

 Na portada deste número de Carrizal figura unha fotografía a toda cor, dun mazarico rabipinto (Limosa lapponica), do fotógrafo rosaleiro Luís Dorado Senra, autor a súa vez, doutra fotografía publicada nunha páxina interior.

 No boletín tamén ollamos fotografías asinadas por Agufelo (seudónimo de Agustín Ferreira Lorenzo), e outras sen asinar polos autores dos diferentes artigos.

 A publicación, impresa en offset e en papel reciclado, conta - como se indica na última páxina - cunha subvención do Concello de A Guarda.

 Queremos salientar que ANABAM convida, unha vez máis, a todas aquelas persoas interesadas en coñecer a biodiversidade do Baixo Miño a suscreberse ao boletín Carrizal, xa que os socios da Asociación Naturalista "Baixo Miño", reciben a publicación de xeito gratuíto. 

 Asemade, as persoas que desexen publicar artigos orixinais neste boletín poden dirixirse a ANABAM por correo electrónico:

anabam.anabam@gmail.com 

ou por WhatsApp:

616 180 557

 Rematamos felicitando a ANABAM polo seu continuado labor de observación, defensa, protección, estudo e divulgación do patrimonio natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego - portugués.

Ningún comentario:

Publicar un comentario