17 de maio de 2021

TOMIÑO

Tomiño conmemorou as Letras Galegas 

· Cunha instalación dedicada a Xela Arias, un concerto da Banda de Goián e unha serie de actividades lúdico- formativas


A banda de música da Agrupación Musical de Goián ofreceu un gran concerto na Praza do Seixo

Fotos: C. T.


Instalación artístico-pedagóxica (ENTRELAZOS DA MEMORIA) dedicada a Xela Arias


Infogauda / Tomiño

 Grazas ao bo tempo, Tomiño foi quen de celebrar o Día das Letras Galegas cunha instalación artístico-pedagóxica (ENTRELAZOS DA MEMORIA) dedicada a Xela Arias, na céntrica Praza do Seixo, a carón do Concello, e un gran concerto da Agrupación Musical de Goián, ás 12 do mediodía.  

 Ademais, entre as 9.30h a 13.30h houbo CDs e libros en galego, cun 40% de desconto.  

 Tamén, grazas ao grupo de voluntariado municipal, diversas actividades e xogos en liña divertidos pero tamén formativos, organizados pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).   

 Acompañamos fotos dos actos; un pdf interactivo coas actividades e a ligazón do vídeo explicativo da instalación "Entrelazos da Memoria", na que participaron os centros de ensino do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario