10 de maio de 2021

LABORAL

HORARIOS DA FOLGA DO METAL CONVOCADA POLA CIG

Que terá lugar o mércores día 12 de maio


A CIG convocou media xornada de folga en defensa dun convenio digno
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A folga de media xornada convocada pola CIG este mércores día 12 de maio para rexeitar o convenio provincial do metal pactado por CCOO e UGT coas patronais do sector Asime, ATRA e Instalectra celebrarase nos seguintes horarios:  

 · Quenda de mañá: as catro últimas horas da mañá.  

 · Quenda de tarde: as catro primeiras horas da tarde.  

 · Quenda de noite: de 2:00 a 6:00 horas (día 12 de maio).  

· Xornada partida: as dúas últimas horas da mañá e as dúas primeiras da tarde.  

 Ademais, durante a xornada levaranse a cabo distintas mobilizacións:  

 En Vigo haberá unha asemblea comarcal de delegados/as ás 09:30 horas na esplanada de Bouzas. Ás 11:30 horas sairase en manifestación até a delegación da Xunta.  

 Pontevedra: concentración ás 12:00 horas na praza da Peregrina.  

 O Salnés: concentración ás 12:00 horas na rúa Castelao de Vilagarcía, diante do local da CIG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario