ATLETISMO
Mª EMILIA RODRÍGUEZ BAZ, CAMPIOA DE GALICIA DE MARCHA EN ROTEIRO
· A marchadora da Sociedade Atlética do Trega brillou na categoría Máster F-45, no 32º Campionato Galego da especialidade
Informa (fotografías e Redacción): Sociedade Atlética do Trega
Esta pasada fin de semana celebrouse na Pobra do Caramiñal, o 32º Campionato Autonómico de marcha atlética en roteiro. Ata alí desprazáronse 3 atletas do club Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño.
A máis destacada sen dúbida, foi a atleta Mª Emilia Rodríguez Baz (Milu), de A Guarda, que participou na proba dos 10.000 metros absoluta, que incluirían as categorías mixtas Sub18, Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster. Milu entrou en meta na 16ª posición da clasificación xeral, sendo a primeira na súa categoría (Máster 45) e 6ª feminina de todas as categorías, facendo marca persoal cun formidable rexistro de 58’37" e proclamándose campioa galega da categoría.
Na mesma proba tamén debutou a rosaleira Loli Martínez Vicente, que entrou en liña de meta na posición 21ª da clasificación xeral, cun tempo de 1 hora 12 minutos 18 segundos, quedando 5ª clasificada na categoría Máster 45.
E por último tivemos a representación da tomiñesa Lara Álvarez Fernández, na proba de 3.000 metros en roteiro, na categoría Sub16, entrando en meta na posición 16ª da clasificada xeral, cun tempo de 21´09".
Moitas felicidades a Milu e ás súas compañeiras do Club!
Ningún comentario:
Publicar un comentario