5 de maio de 2021

A GUARDA

O Concello denuncia o furto da pía da fonte da Praza de Avelino Vicente 

• Ese elemento formaba parte da fonte da réplica do As de Copas e desapareceu do seu emprazamento a pasada fin de semana


A pía de pedra, en forma de cuncha, estaba instalada debaixo do medallón onde están indicados os anos de construcción do primitivo monumento e o da súa réplica

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 A pandemia causada pola Covid-19 ten xerado restricións que afectan á toda á cidadanía. Coidamos que non é necesario que indiquemos cales son porque todos, en maior ou menor medida, tivemos que aturalas - e así continuamos a día de hoxe -  e sufrir ás consecuencias, tanto no que respecta á saúde como á economía. Restricións que foron impostas, segundo nos veñen comunicando, para tentar reducir os efectos da enfermidade.

 Máis semella que para os amigos do alleo, as devanditas restricións non lles inhibe seu instinto depredador. Máis ben parece que lles facilita súas actuacións. Iso é, o que interpretamos á vista do acontecido fai unhas semanas, na praza de San Roque, onde uns individuos cuxas identidades se descoñecen, cortaron unha árbore deixando en pé tan soio unha parte do tronco. 

 E agora, unha nova falcatruada en pleno centro da nosa vila, tal e como vén de facer público o equipo de goberno municipal, no seguinte comunicado:

 O Concello da Guarda denuncia o roubo da pía da fonte da Praza de Avelino Vicente, no casco urbano da vila. Trátase dunha peza de pedra con forma de cuncha que desapareceu na fin de semana do 1º de maio. 

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, considera esta acción coma un ataque contra o patrimonio de todos os veciños e veciñas da Guarda, pondo os feitos en coñecemento da Garda Civil e da Policía Local para dar co autor ou autores desta “atrocidade”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario