17 de maio de 2021

A GUARDA

A ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PIUEIRO CONMEMOROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

· Izando á vela do volanteiro ao son do "Himno Galego"


O volanteiro "Pueiro", fondeado na badía de Baiona
Membros da Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro, a bordo co volanteiro, no acto de homenaxe a Rosalía de Castro no Día das Letras Galegas
Fotos: A.C.E.T. Piueiro



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Hai moitos xeitos de conmemorar o Día das Letras Galegas, e compre salientar que en cada edición súmanse máis propostas que mesmo abranguen máis días que o 17 de maio propiamente dito. E iso é merecente de poñelo en valor. Como tamén é merecente destacar que a Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro, que ademáis de haber levado a bo termo á recuperación do volanteiro que xa é o emblema da comunidade pescadora de A Guarda; non dubidou en coroar á vela desa embarcación, en boa hora recuperada, coa efixie de Rosalía de Castro e tres verbas -"Eu son libre" - de Lieders, escrito por Rosalía de Castro e publicado por primeira vez en El Album de El Miño, en Vigo en 1858, que está considerado o primer manifiesto feminista publicado en Galicia.

 E na mañá deste 17 de maio, membros da Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro quixeron conmemorar esta data festiva en toda Galicia, desprazándose ata a vila de Baiona - en cuxo porto deportivo está fondeada é embarcación "Piueiro" - e izar á vela do volanteiro, ao son do "Himno Galego", interpretado por catro gaiteiros guardeses, como homenaxe a Rosalía de Castro e as Letras Galegas.

 Foi un acto sinxelo, exento de protocolos, que en todo caso acredita o compromiso coa fala e a língua galega, das persoas que constitúen a Asociación de Embarcacións Tradicionais Piueiro, da que toda á veciñanza guardesa nos sentimos orgullosos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario