15 de abr. de 2021

MOVEMENTOS SOCIAIS

SOS Sanidade Pública convoca unha gran mobilización cidadá

Que esixa a fin da utilización partidista da pandemia

Infogauda / Vigo

 SOS Sanidade Pública convoca unha gran mobilización cidadá que esixa a fin da utilización partidista da pandemia e a elaboración dun Plan para a Recuperación do Sistema Sanitario Público en Galicia. Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo facemos un chamamento á poboación e as e os profesionais sanitarios, para que acudan ás concentracións que se celebrarán o día 21 de abril, ás 20 horas, en toda Galicia. Na Área Sanitaria de Vigo as concentracións serán: 

•         Vigo: diante das escaleiras do MARCO, na rúa do Príncipe. 

•         Cangas: diante do Concello de Cangas. 

•         Val Miñor: na Alameda da Ramallosa.

•      Baixo Miño: na praza Avelino Vicente (Ás de Copas), A Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario