16 de abr. de 2021

LABORAL

Desconvocada a folga de UTE zonas verdes de Vigo


Asemblea de traballadores
Foto: CIG

 Infogauda / Vigo

 No día de onte a empresa UTE Zonas Verdes de Vigo convocou ao comité de empresa mais as centras sindicais representadas no comité de empresa (CIG 7, UGT 2), en aras de tentar chegar a un acordo que puidese desconvocar a folga que ía comezar o 19 de abril, os motivos da folga eran varios, entre eles o non cumprimento do convenio colectivo actual, asemade o cambio unilateral de horarios, cambio que a empresa xustificaba pola covid e que a parte sindical o vía como unha modificación substancial das condicións de traballo.  

En canto aos puntos que se trataron:  

- Falta de pago do plus tóxico de 20 euros, a empresa aboará con carácter retroactivo, dende febreiro, os cartos na nómina deste mes. 

- Impago do plus de conservación de 107 euros, entendía a empresa que estando de IT non se debera abonar, quedándolle claro nesta reunión que si ten que facelo, demostrando a parte social con nóminas da anterior empresa Althenia que si se abonaba.  

- A mala xestión co abono da paga de marzo, foi subsanada abonando todo o adebedado, pero non cumprindo o convenio tal como expresa no capitulo de subrogación empresarial que obriga  a que as empresas se liquiden entre elas, para non mermar as nóminas do persoal.  

 En canto ao cambio unilateral de horarios, a empresa expuso que foi feito para a protección de toda a plantilla, algo que é falso, dado que os horarios que había, 3 quendas de 15 minutos de separación, cumpría o protocolo, e xa estaban negociados coa anterior empresa dende o mes de setembro de 2020. A representación social incidiu que dito cambio so obedecía a pretensión da empresa de cambiar os horario pola luz solar e non pola protección.  

 Despois dun amplo debate a empresa ofreceu continuar cos horarios anteriores, os que estaban con Althenia, e propuxo que se no caso de que no mes de outubro seguíramos coa covid, se sentaría co comité para negociar outro horario que se acomodara as necesidades sanitarias dese momento.  

 Ante esta proposta a RLT convocou unha asemblea hoxe venres na que se procedeu a explicar a proposta, e despois de debatida procedeuse a desconvocar a folga indefinida do dia 19 por unanimidade, dado que os horarios ían a ser os de sempre.  

 A CIG-Servizos lamenta que se tivese que chegar a unha convocatoria de folga por chegar a esta situación, pero afortunadamente todo o persoal estaba disposto a loitar polos seus horarios, dado que tamén afectaban a súa conciliación da vida laboral e familiar, lembremos que este colectivo efectuou nos últimos anos varias folgas para defender os seus postos de traballo e o seu convenio colectivo, e sempre cun éxito total dada a unión de toda a plantilla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario