27 de abr. de 2021

A GUARDA

A Omix de A Guarda e Érguete Baixo Miño lanzan unha campaña de prevención e sensibilización 

Sobre o consumo de sustancias na mocidade

 

Reunión de traballo na que participaron, entre outras persoas, a concelleira de Xuventude e o presidente de Érguete Baixo Miño

Foto: C.A.G.
 

 Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Xuventude do Concello de A Guarda en coordinación coa Asociación Érguete Baixo Miño lanzan unha campaña de sensibilización sobre o consumo de sustancias na mocidade, principalmente, do municipio.   

 O principal obxectivo da campaña é presentar á poboación moza do municipio unha visión realista das consecuencias do consumo de certas sustancias, sen criminalización das mesmas, únicamente facilitando información e ferramentas que axuden de cara á prevención e o coidado da saúde.   

 Trátanse dunha serie de tres vídeos curtos, cun formato de animación e duración que resulta atractivo para a poboación diana e que permite unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.  

 O contido dos vídeos abarca a problemática do consumo abusivo a través dun enfoque de redución de riscos respecto ás seguintes sustancias: alcohol, cannabis e cocaína, ao mesmo tempo que busca desmitificar certas pautas ou comportamentos de consumo.   

 O Concello contou para a elaboración do material da campaña coa Asociación Érguete Baixo Miño, entidade que traballa no ámbito da prevención, educación e promoción da saúde tanto no noso municipio como na comarca. Os vídeos compartiranse en redes, web municipal, medios de comunicación e faranse chegar tamén aos centros educativos, coa intención de que cheguen ao maior número de persoas posible e tamén se utilicen como ferramenta de información e traballo, para entidades, familias, grupos etc.   

 Desde o Concellalía de Xuventude e a Asociación Érguete Baixo Miño animan a difundir os vídeos e así tecer unha rede que axude á importante labor do coidado da saúde.  

Video alcohol: https://youtu.be/2l2FepEjS_I  

Video cannabis: https://youtu.be/e7ORWg4gcOU  

Video cocaína: https://youtu.be/_DksPh6rfjo 

Ningún comentario:

Publicar un comentario