30 de mar. de 2021

TOMIÑO

O Concello de Tomiño asina un convenio con Cáritas para instalar contedores de recollida de roupa  

Serán instalados catro contedores en varios puntos do municipio  




Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño vén de asinar un convenio coa empresa de inserción laboral de Cáritas, Servicios Comerciales de Inserción Laboral, para a instalación de contedores para a recollida de roupa.  

 En base ao acordo, o Concello comprométese a conceder un espazo para a colocación dos contedores de forma gratuíta, mentres que a empresa, ten como finalidade a creación de postos de traballo de inserción sociolaboral a través da xestión do residuo téxtil, será a encargada da recollida da roupa, que será reciclada e destinada a fornecer ás persoas sen recursos da vestimenta necesaria.  Está previsto que sexan instalados catro contedores en varios puntos do municipio, entre os que se atopan:     

• O torreiro de festas do barrio do Hospital.     

• A zona deportiva de Sobrada (Torrón), ao carón do colexio.     

• A parroquia de Barrantes, ao carón do CEIP de Barrantes.     

• O núcleo urbano do Seixo, na rúa Tui.  

 A duración do convenio será de dous anos e a instalación dos contedores está prevista para a vindeira semana. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario