O Auditorio Municipal do Rosal xa conta cun desfibrilador
Financiado pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro das subvencións provinciais a entidades locais con poboación inferior a 20.000 habitantes
A concelleira Sara Vicente xunto ao dispositivo instalado no Auditorio Municipal do Rosal
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal acaba de instalar no Auditorio Municipal un desfibrilador semiautomático externo (DESA), dispositivo financiado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro das subvencións provinciais a entidades locais cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.
Este novo recurso permitirá reducir o tempo de actuación en caso de producirse un episodio de parada cardiorrespiratoria. “O tempo é un factor determinante cando ocorren estes casos, por iso achegar estes recursos á veciñanza situándoos en lugares públicos é fundamental para tentar salvar vidas”, explica a concelleira Sara Vicente Salcidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario