13 de nov. de 2020

A GUARDA

Comunicado do Concello de A Guarda pola situación sanitaria por COVID-19 

Nas últimas semanas a evolución dos contaxios foi moi negativa, chegando a día de hoxe aos 68 casos activos confirmados por Sanidade

 

                                       Casa do Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, fixo público este venres día 13 de novembro, o seguinte comunicado:

 "A día de hoxe A Guarda continúa no nivel tres de infeccións por COVID-19. Este é o nivel de alerta máximo que contempla a Xunta de Galicia na súa valoración.  

 Nas últimas semanas a evolución dos contaxios foi moi negativa, chegando a día de hoxe aos 68 casos activos confirmados por Sanidade. Aínda que nos últimos días diminuíron sensiblemente o número de contaxios diarios respecto da semana pasada, esta segue a ser unha situación moi preocupante para todos nós.  

 Para que esta situación empece a reverter, dende o concello pedimos a toda a poboación que extreme as medidas de seguridade individuais, sobre todo o uso de máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans. Tamén pedimos que, na medida do posible, se limiten os contactos sociais os próximos días. 

 A única maneira de controlar estra situación é coa colaboración de todos e cada un de nós".

Ningún comentario:

Publicar un comentario