12 de nov. de 2020

A GUARDA

CULTURA

FRANCISCO ÁLVAREZ – KOKI: ACTIVO POETA DE NOSO

Crónica dun labor case monacal

 

                                     Francisco Álvarez Álvarez (Koki)
 

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Non hai mellor xeito de acreditar o activismo cultural que estar sempre – polo menos procuralo - no lugar que corresponda en cada momento. No exercicio da creación, da edición, da difusión, da producción,... Esa é a dinámica, que as veces, para á maioría dos mortais pode resultar, probablemente, imperceptible, porque impúlsaa desde un ámbito intimista, case monacal. E máis actualmente, polas circunstancias que en maior ou menor medida, a todos nos afectan. Nesa actividade – en plural sería pola nosa parte, o máis acertado - anda inmerso o poeta, escritor, dramaturgo, promotor cultural e xornalista, Francisco Álvarez Álvarez –Koki – (A Estivada – A Guarda, 1957).  

 Boa proba do que decimos púxoa de manifesto o propio Koki, o pasado 26 de setembro deste annus horribilis, coa súa participación – en liña, a través da plataforma Zoom – na III Semana Internacional de las Letras, destacado evento celebrado do 21 ao 27 de setembro en Murcia, que contou con actividades presenciais e tamén en liña, facéndoo el no Ciclo: Autores de éxito. Dese xeito, Francisco Álvarez - Koki mantivo un coloquio con Rosario Guarino Ortega (Barcelona, 1968), poeta, doutora en Filoloxía Clásica pola Universidade de Murcia (UMU), que exerce desde o ano 2000, como profesora titular na Área de Filoloxía Latina no Departamento de Filoloxía Clásica da UMU. 

 Por outra banda, Álvarez – Koki participou, un ano máis, no Festival Kerouac, que neste 2020, chegou a súa décima edición. Dese xeito, o autor de A Estivada recitou algúns dos seus versos diante do Muro dos Poetas, ese espazo urbano, cáseque ignorado pola maioría que transita pola cidade, mália estar ubicado na céntrica rúa Londres, de Vigo. Onde á palabra é a munición vogal, os versos son as armas - metáforicamente falando - para soñar na utopía dun mundo novo, afastado dos profesionais da política - que as máis das veces fan oídos xordos as demandas cívicas -, e onde as voces dos poetas sexan escoitadas e tidas en conta polos gobernantes de diversos pelaxes. 

 E de Francisco Álvarez – Koki vén de ocuparse a Revista ORI-GAMI, que o pasado día 5 deste mes de novembro publicou:            

Ortografía de tu cuerpo y otros poemas               

FRANCISCO ÁLVAREZ KOKI    

 La poesía de Francisco Álvarez está atiborrada de imágenes insólitas: «y lo negro fue cobre/ y el grito fue bamba» y de oxímorones: «tartamudeo el silencio». Continúa, asimismo, una larga tradición (Shakespeare, Calderón) al observar al mundo como un gran escenario donde «una sombra de ombligo… se cierne sobre la sinalefa de mi tiempo». A ratos también juega con las herencias de la sabiduría popular en sus refranes trastocados «ya muerto el poeta/ murió la rabia», o traiciona las expectativas como cuando escribe: «me siento como un niño pequeño/ agarrado a la falda de mi dolor».  

Miguel Falquez Certain

 Na publicación figuran tamén os poemas titulados:   

ORTOGRAFÍA DE TU CUERPO  

SONATA PARA UN CUERPO EN LA BAÑERA  

RETRATO CUBISTA  

UNA MUJER ME ESPERA  

AMO  

SEMENTERA   

 E pechando a páxina, vai unha reseña do poeta miñoto, con pegadas aquén e alén o Atlántico. 

 “(...)Es un poeta comprometido con el mundo social que nos ha tocado vivir y con el Amor, que es lo que mueve el mundo (...)”. “(...) Lleva toda la vida, queriendo cambiar el mundo, pero cada día es más difícil, por eso la poesía es su refugio”.

 Xa noutras coordenadas temporais, Francisco Álvarez Álvarez (Koki), ten en fase de preedición “VIENTO DEL NORTE”. Trátase dunha antoloxía de poetas hispanos en New York, que levará unha portada da autoría do pintor guardés Emilio Baz Pacheco, así como un prólogo do poeta Luis Alberto Ambrogio e o epílogo de Francisco Álvarez-Koki, coordinador deste novo proxecto poético. 

 

        Capa do libro Viento del norte. Antología de poetas hispanos en Nueva York
  

 En “VIENTO DEL NORTE” – ao coidado da Editorial Pigmalión - estarán representados poetas arxentinos, bolivianos, colombianos, cubanos, chilenos, dominicanos, ecuatorianos, españois, mexicanos, nicaragüenses, peruanos, puertorriqueños, salvadoreños e venezolanos.    

 Serán 43 autores, que independentemente das características líricas de cada ún deles, comparten como patrimonio común a lingua castelá. A mesma - agás algunhas variantes, características de cada país que enriquecen o idioma español - que fai máis de 500 anos levaron aqueles navegantes que non lle tiñan medo ao mar das Tebras.   

 É así, como Álvarez – Koki mantén aceso o facho poético. Nestes días nos que a Humanidade ten que aturar unha pandemia para a cal non estabamos suficientemente preparados. E o peor de todo, a irresponsabilidade dalgúns que tanto dano fan aos pobos a nivel global.   

 Que non nos falte a poesía!

 Francisco Álvarez Koki: activo poeta de noso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario