10 de nov. de 2020

A GUARDA

O BNG esixe solucións á falta de seguridade viaria na Pasaxe, en Camposancos  

Anxo Lois Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda): “É moi preocupante ver como o goberno local non atende ás demandas que veciños e veciñas reclaman dende hai anos”

 

           Anxo Lois Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda
  

Infogauda / A Guarda

 O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente vén de comunicar que realizaron “unha visita á Pasaxe, en Camposancos, ante a desesperación de veciños e veciñas pola falta de medidas de seguridade viaria na zona”.  

 Na reunión mantida coa veciñanza, o Bloque Nacionalista Galego faise eco dunhas demandas que non van máis aló duns mínimos de dignidade e seguridade: unha marquesina, un paso de peóns e medidas para o calmado de tráfico.  

 O BNG denuncia a situación de precariedade na que o goberno local deixa a numerosas familias, usuarias do transporte público, por negarlles a simple colocación dunha marquesina.  

 A ausencia dun mínimo espazo de abrigo, condea aos nosos nenos e maiores a padecer as inclemencias do tempo un inverno máis, afirma o voceiro nacionalista Anxo Lois Baz.  

 Para os nacionalistas, é moi preocupante tamén ver cómo o goberno local non atende a colocación dun paso de peóns e as necesarias medidas de calmado de tråfico que se solicitan desde hai anos.  

 Temos a parada de autobús, a estación marítima, o parque infantil, un clube náutico, o enlace do Camiño portugués pola costa, o servicio de ferri, as docas, …, todo frente a casa e non temos por onde cruzar, comentaba unha das veciñas.  

 O BNG quere amosar todo o seu apoio ás demandas que a veciñanza reclama ao Concello da Guarda, demandas, ás que tamén se sumou a presidenta da E.L.M de Camposancos, Merchi Martínez”, afirmou Anxo Lois Baz

 Fontes do BNG afirmaron a este xornal dixital transfronteirizo que tanto a alcaldesa pedánea, como o portavoz municipal Anxo Lois Baz, comprometéronse ante os veciños da Pasaxe a esixir unha actuación urxente que cubra unhas necesidades máis que constatadas, se atendemos a carga de tráfico e as velocidades que soporta unha estrada que da tamén acceso ás praias, astaleiros, fábricas, naves e almacéns e unha ampla zona residencial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario