28 de set. de 2020

O ROSAL

O Concello vai investir case 30.000 euros na desinfección dos centros educativos 

O Rosal reclamará á Xunta que se faga cargo do custo extra desta tarefa, competencia autonómic

 

O Concello investirá case 30.000 euros nos traballos de desinfección dos centros aos que fará fronte incrementando a xornada do persoal municipal dedicado ás tarefas de limpeza. 
Foto: C.O.R.
 

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal asumirá o custo das tarefas de desinfección dos centros educativos do municipio por responsabilidade co ensino público e coa saúde de todas e todos. Non obstante, a administración local é unicamente responsable da limpeza dos centros escolares pero non da súa desinfección. “Para nós é unha prioridade velar pola seguridade dos rosaleiros e rosaleiras, sobre todo na actual situación sanitaria, aínda que sexa unha cuestión que vai máis alá das tarefas de mantemento e que para o Concello supoña un sobrecusto importante”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

 O Concello investirá case 30.000 euros nos traballos de desinfección dos centros aos que fará fronte incrementando a xornada do persoal municipal dedicado ás tarefas de limpeza. Non obstante, o Concello do Rosal reclamará á Xunta de Galicia que se faga cargo do financiamento destas medidas extraordinarias provocadas pola situación excepcional da pandemia. 

 Dende o Concello quere agradecerse o gran labor que están a facer o equipo de limpadoras e a súa colaboración e implicación nestes momentos tan complicados. O seu traballo é fundamental para tomar medidas que axuden a ter un ano escolar máis normalizado e seguro, afirma á alcaldesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario