A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE A GUARDA PUBLICA SEU BOLETÍN INFORMATIVO
· Dando conta dos labores desenvolvidos no Monte Santa Trega e no Monte Torroso, no ámeto da súa titularidade
Portada do Boletín Informativo 2020 da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda, que preside Manuel Castro Vicente vén de editar, publicar e espallar Comunidade de Montes da Guarda - Boletín Informativo, 2020.
Na devandita publicación, de 8 páxinas, a tamaño DIN A4 (210x297mm), en papel estucado brillante, impresa a toda cor, leva na súa portada - ademáis do trisquel castrexo que é o logotipo da Comunidade de Montes de A Guarda -, unha fotografía da vila de A Guarda captada desde a aba Norte do Monte Santa Trega e nun plano posterior ao casarío guardés ao abeiro dos cumios do Monte Torroso, e en último termo a Serra da Groba e un ceo totalmente azul.
Nas páxinas interiores, prímase á imaxe fotográfica sobor duns textos - sempre en galego -, informando das diferentes actuacións levadas a bó termo no Monte Santa Trega e no Monte Torroso - en superficies correspondentes obviamente, á titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de A Guarda -, nos meses precedentes.
Á información comeza dando conta dos traballos desenvolvidos na "Zona dos castros e miradores" (sic), aportando "imaxes de cómo estaban os castros e Mirador de Areses antes da erradicación do eucalipto" e "Imaxes despois da erradicación do eucalipto e acacia".
"No seu día, os miradores, foron construídos co fin que leva seu propio nome, onde os veciños e visitantes cando paran neles, non visualizan a impresionante panorámica da Guarda que tiñan entón.
Esta comunidade de Montes, está póndoos en valor e erradicando tanto o eucalipto como a acacia da zona que crean un agravio ambiental, para posteriormente plantar árbores autóctonas como castiñeiro, carballo, nogal, cereixo, etc., que son árbores con menos altura, respetando así unha espectacular vista paisaxística que ten A Guarda.
Deste mesmo xeito, esta actuación fíxose pola zona debaixo dos castros, en principio non se plantará ningunha arboreda, debido a que é unha das zonas mais afectadas pola acacia, unha planta invasora que afecta a case todo o monte. Esta comunidade de montes, vai evitar erradicala con productos, debido a que nas proximidades se atopan minas e fontes de auga. Para iso, instalouse un valado con rede gandeira con previo permiso da Consellería de Medio Rural e de Patrimonio, nunha superficie aproximada de 60.000 m2. Esta parcela será usada de forma experimental".
A continuación figuran as "Imaxes de varios traballos realizados", xunto co seguinte texto:
"Plantación en colaboración cos nenos dos colexios da Guarda, de ampliación e limpeza de pistas no Torroso, adecentamento despois do incendio no ano 2017, reforma de Chans Novo para a creación dun parque.
Tal e como xa víñamos facendo en anos anteriores, planificamamos cos distintos colexios da localidade, a asistencia do alumnado para levar adiante unha campaña de concienciación da conservación dos montes, facendo a plantación do séu propio arból, para que en fases seguintes, se poda identificar o seguir mantendo e axudando o crecemento do mesmo.
Para este operativo, contamos ca colaboura dún Axente Forestal, que deu explicacións e aclaración a tódalas preguntas das nenas e nenos, e na que participaron componentes da Xunta Rectora e persoal contratado nas labouras de limpeza e plantación en distintas áreas do Monte Santa Trega.
Dadas as circunstancias que xurdiron a mediados de mes, se suspendeu a actividade, que esperamos poder poner en marcha no menor tempo posible.
O remate da xornada, na área de Chans Novo, se lles entregou a todolos asistentes fruta e auga ou refresco, disfruntando dún bo momento de solaz naquel espacio, tanto o alumnado como os profes".
Noutra das páxinas do Boletín Informativo, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, indica:
"Nestas catro imaxes, pódese ver unha parte dos atallos, que van dende O Cancelón ata o alto do monte. Máis do 90% do transcurso destes atallos atopasen dentro do terreo comunal da comunidade de Montes da Guarda.
As obras da construcción e de arranxos destes, foron pagados na súa totalidade por esta comunidade.
Como se comproba nas imaxes, pódese ver a limpeza e mantemento das obras e da contorna que esta comunidade ven realizando ano tras ano.
Instalación de 300 metros de varanda no ano 2019 en atallo, cun custe para a comunidade de montes de 5.730,00 euros.
Neste ano 2020, plantaranse nesta zona castiñeiro e carballo.
Zona de recreo, reformada no ano 2019 onde se fixo unha inversión de 14.518,18 euros.
Neste ano 2020, pretende instalar 12 mesas de pedra cos seus correspondentes bancos".
LIMPEZA E ERRADICACIÓN DO EUCALIPTO
Noutra das páxinas do Boletín Informativo, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda, publica unha fotografía da aba Norte do Monte Santa Trega e da conta da "limpeza e erradicación de eucalipto e acacia en parcela de 8.000 m2, lindante co Colexio Manuel Rodríguez Sinde, para en próximas semanas proceder a plantación de Castiñeiro e Carballo".
Xunto coa correpondente imaxe fotográfica, Tamén indica que na "parte baixa do Miradoiro de Areses, onde se plantaran 1.600 plantas autóctonas variadas, Castiñeiro, Nogueira, Cereixo (sic), etc., dende o miradoiro ata zona superior do colexio Manuel Rodríguez Sinde, sendo a plantación con máis extensión realizada no Monte Trega".
Plantacións, Maquinaria da Comunidade de Montes e Colaborando contra a pandemia do Covid-19, completan o contido do Boletín Informativo, deixando constancia tamén dalgunhas plantacións desenvolvidas no Cancelón, sendo presidente D. José Vicente Ferreira; e da realizada sendo presidente D. José Manuel Lorenzo Ferreira, respectivaente, así como o labor do persoal contratado pola Comunidade de Montes de A Guarda.
"Dende o inicio desta pandemia, esta C.MM.VV.M.C. púxose a disposición do Concello para organizar grupos de limpeza, que de xeito voluntario e altruista quixeran facer esas labores e por nosa parte, se incorporaría o Capataz, poñendo tamén o vehículo todo-terreo, un depósito de 500 litros de capacidade ca sua correspondente moto-bomba, con desinfectante e os aspersores que foran necesarios Así como tamén se incorporou o tractor para levar unha máquina atomizadora proporcionada polo Concello, que pulveriza e expande un producto desinfectante, e que ten uso por tódolos lugares das tres parroquias da nosa localidade.
Tamén, como xa temos participado en distintos operativos en colaboración co Concello, se puxeron a disposición do mesmo, todo tipo de maquinaria e ferramentas da Comunidade de Montes.
Despois de varias conversas, se fixo unha planificación para a limpeza e desinfección de distintas áreas co Teniente-Alcalde, Don Miguel Español, marcándose diversas zonas, donde a Comunidade de Montes, xuntos cas brigadas municipais, se encargarían de desinfectar e limpar os espazos públicos exteriores de maior afluencia e os seus arredores, como: entorno de supermercados e áreas comerciais, arredores de estancos, farmacias, Praza de Abastos, ou zona exterior do Centro de Saúde, e os contedores da recollida selectiva do lixo, entre outros que poderían ir xurdindo en calquer momento. En fín, levar a cabo no maior espazo posible de accións de desinfección e limpeza recomendada nos distintos protocolos elaborados pola dirección sanitaria, en lugares onde a afluencia de público e a posibilidade de contaxio son elevadas, suministrando por parte do Concello os productos indicados e recomendados a nivel autonómico e estatal.
Os traballos se están facendo a partir das 6 da mañá en varias tandas para que a seguridade sexa a máxima para os veciños que o día seguinte acudan eses lugares, ben sexa para traballar ou para facer uso desas instalacións comerciais".
O Boletín Informativo 2020 da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda acredita un amplo labor de coidado dos montes de titularidade desa Comunidade o que repercute en beneficio de todos, comuneiros e non comuneiros, pois o patrimonio natural é para disfrute universal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario