28 de abr. de 2020

O ROSAL

Concello e Deputación de Pontevedra continúan traballando xuntos en proxectos de mellora do municipio  

Continúan os traballos na estrada provincial EP-3302, que se está a acondicionar cunha senda peonil e mellora da mobilidade   

Vista dunha zoa dos traballos que estanse a realizar para a mellora dun tramo de aproximadamente 575 metros da estrada provincial EP-3302


Infogauda / O Rosal

 Concello do Rosal e Deputación de Pontevedra seguen a traballar xuntos en diferentes proxectos de mellora do municipio sen esquecer a situación actual que se está a vivir, pero tamén coa vista posta no futuro e en cando remate o estado de alarma. Desde o executivo municipal indican que "unha destas obras é a que se está a desenvolver na estrada provincial EP-3302, que se está a converter nun viario urbano municipal que mellora a mobilidade peonil da zona. Estes traballos estanse a realizar ao abeiro do convenio asinado entre o Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra para a mellora dun tramo de aproximadamente 575 metros da estrada provincial EP-3302. Mediante este convenio, que conta cun orzamento de máis 142.000 euros, estase a acondicionar a estrada cunha senda peonil, beiravía entre a senda e a calzada, pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade". 




 En decraracións a este xornal dixital transfronteirizo, á alcaldesa Ánxela Fernández afirmou que "con todas estas medidas búscase delimitar a circulación do tráfico rodada e peonil e impulsar a seguridade viaria, dispoñendo de espazos seguros para os colectivos máis vulnerables. Neste sentido cabe mencionar o paso dado nos últimos días por parte da Deputación de Pontevedra para a transferencia dun dos tramos desta estrada, transferencia que permitirá ao Concello garantir de xeito óptimo o seu mantemento e control de ocupación do dominio público". 

 "Dende o Goberno municipal quérese agradecer a disposición da institución provincial para seguir traballando xuntos en proxectos de mellora para a veciñanza e para o municipio", concluíu á rexedora municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario