Deixámosvos aquí algunhas instrucións sobre a xestión de residuos durante esta alerta sanitaria.



🏡 FOGARES SEN POSITIVOS NIN CORENTENA

Farase unha xestión habitual dos residuos:


Separar todas as fraccións posibles (envases, papel-cartón, vidro, orgánica, roupa, aceite) para minimizar o que botamos ao colector verde. Ollo! 👀 NON depositar os guantes de latex ou nitrilo no contedor de envases (amarelo) senon no de resto.



🏡 FOGARES CON POSITIVOS OU EN CORENTENA polo COVID-19.

Residuos do paciente:

🚮 Bolsa 1: meter os residuos do paciente incluíndo mascarillas, guantes e panos, pechala ben e metela na bolsa 2.

🚮 Bolsa 2: pechar ben esta bolsa e metela xunto co resto de residuos domésticos na bolsa 3 correspondente á fracción Resto dese domicilio.

🚮 Bolsa 3: pechala ben e depositala no interior do colector verde.


Despois de manexar o lixo lavar ben as mans con auga e xabón durante 40-60 segundos.


Está prohibido depositar as bolsas da fracción resto dos fogares con positivos ou en corentena nos contedores de recollida selectiva ou abandonalas na vía pública.