3 de mar. de 2020

A GUARDA

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS BÁSICO   

• A acción formativa, que terá unha duración de 20  horas, realizarase os días  18, 25 de  abril; 2 e 9 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas  


Cruz Vermella Española / A Guarda

 Cruz Vermella Española na Guarda informa da realización do curso primeiros auxilios. Esta formación está dirixida a persoas maiores de 16 anos, que están interesadas en adquirir coñecementos acerca de Primeiros Auxilios no fogar.   

 O curso de Primeiros Auxilios,   baremable para o Sergas,  cunha duración de 10 horas teórico-prácticas, celebrarase os días 18, 25 Abril; 2 e 9 de Maio en horario de 09.00 a 14.00. 

 O obxectivo xeral é capacitar aos alumnos para desenvolver correctamente a súa actuación #ante unha urxencia, así como facilitar a adquisición de coñecementos e un nivel adecuado de formación en canto aos contidos.  

 Na súa estrutura o curso inclúe os seguintes módulos: 

1. Socorrismo: aspectos xerais. 2. Autoprotección. Seguridade na intervención. 3. Avaliación inicial. 4. Soporte Vital Básico. Reanimación Cardio Pulmonar (RCP). 5. Hemorraxias e shock. 6. Feridas e contusións. 7. Queimaduras e alteracións da termorregulación. 8. Traumatismos osteoarticulares. 9. Mobilización e evacuación de feridos. 10. A caixa de primeiros auxilios.   

 O número de prazas é de 15, e a realización do curso queda suxeita a que se cubran un mínimo destas prazas ofertadas Respectarase a orde de inscrición. 

 Para inscribirse ou obter máis información, non teñen máis que dirixirse a: 

 Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño 
Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 Baixo (A Guarda)
Teléfono: 986 614 609

Ningún comentario:

Publicar un comentario