5 de feb. de 2020

TOMIÑO

Tomiño súmase á Rede Galega de Teatros e Auditorios da que forman parte 40 localidades de Galicia 

A incorporación do Auditorio de Goián á RGTA permitirá traer a Tomiño máis espectáculos teatrais e musicais de calidade.  

Auditorio Golán
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 A nova tempada da Rede Galega de Teatros e Auditorios vén cargada de espectáculos de teatro, danza, monicreques e novo circo. Nos vindeiros seis meses, os 45 espazos escénicos que compoñen a RGTA programarán 328 actuacións e 18 estreas.  

 Co comezo do ano, a Rede retoma a súa carteleira nas 40 localidades galegas nas que ten presenza, incluída na nova incorporación en Tomiño, o Auditorio Golán.  

 No relativo ás estreas, dende Escena Galega queren destacar O mel non caduca, da compañía asociada Ibuprofeno Teatro, que chegará por vez primeira ás táboas do Teatro Principal de Santiago o vindeiro 31 de xaneiro, As virxes salvaxes, de Teatro do Noroeste -que fará tamén o propio o 15 de febreiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía-, A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico -estrearase o 28 de febreiro no Pazo da Cultura de Narón-, Dreaming Juliet, de Elefante Elegante, -o 20 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña- e O mozo da última fila, de Redrum Teatro -que chegará ao Principal de Compostela o 16 de abril-.  

 O orzamento do circuito para este primeiro periodo de programación anual é de 1 millón de euros.  

 A concelleira de Cultura de Tomiño, Ana Isabel Fernández Carrera, quere manifestar a súa satisfacción pola incorporación do Auditorio de Goián á RGTA, xa que esta permitirá traer a Tomiño máis espectáculos teatrais e musicais de calidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario