O Concello de Oia contratará 8 persoas desempregadas
Ao abeiro do plan de emprego provincial
Infogauda / Oia
O Concello de Oia contratará a un total de 8 persoas desempregadas ao abeiro da liña de emprego do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
En concreto, ofértase unha praza de condutor/operador de maquinaria forestal (10 meses), un operario de recollida de lixo (5 meses), dous albaneis/oficiais de primeira (9 meses) e catro peóns forestais (9 meses).
PRAZAS
|
PERFIL/OCUPACIÓN
|
PERÍODO
CONTRATACIÓN
|
1
|
Condutor/Operador
de maquinaria forestal (CNO. 83221013)
|
10 meses (de 1
marzo a 31 decembro)
|
1
|
Mozo/a
recollida lixo (CNO. 94411010)
|
5 meses (de 1
de xuño a 31 de outubro)
|
2
|
Albaneis-Oficiais
de 1ª (CNO. 71211015)
|
9 meses (de 1
de marzo a 30 de novembro)
|
4
|
Peón Forestal
(CNO. 65431028)
|
9 meses (de 1
de marzo a 30 de novembro)
|
Os contratos serán a xornada completa. Poderán optar a eles as persoas desempregadas inscritas na Oficina de Emprego de Baiona, a cal se encargará da preselección das beneficiarias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario