4 de feb. de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común contrata 5 operarios

Para continuar coa eliminación de especies invasoras no monte Santa Trega, de Camposancos

A imaxe reflicte o contraste entre unha zoa do Monte Santa Trega, onde ainda persisten especies invasoras, maioritariamente acacias, e outra onde xa foron erradicadas grazas ao traballo do persoal contratado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común  de Camposancos e persoas voluntarias
Fotos: C.MM.VV.en M.C. de C.

Infogauda / Camposancos (A Guarda)

 Ao abeiro da liña de subvencións para parques forestais, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, en colaboración ca Deputación de Pontevedra e do Concello de A Guarda, está levando a bo termo tarefas de eliminación de especies invasoras, na aba de Camposancos, no Monte Santa Trega. 

 Co obxectivo de erradicar ás acacias, e repoboar o monte con especies arbóreas nobres, a devandita comunidade ten nesas actividades súas principais eixos de traballo a prol do coidado e protección do monte comunal, dándolle á este a importancia que lle corresponde, e adicándolle todos os recursos humanos e materiais posibles.

Esta outra imaxe, reflicte ás claras que ainda queda traballo dabondo


 En decraracións a Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos afirmou: “O luns día 3 de febreiro a Comunidade de Montes de Camposancos contratou a 5 empregados a xornada completa para actuar en mais de 10 hectáreas de monte comprendidas dende a Casa Forestal do Trega pasando por diante do Hotel Pazo ata o estacionamento de autobuses e un frente de 50 metros mínimo chegando a contorna de Ermitán. Esta actuación a mata rasa, como se di no argot forestal, nos ven imposta por Medio Ambiente da Xunta de Galicia, para previr riscos de incendios.  

 Este lugar está totalmente invadido de acacias, eucaliptos e xestas de mediano porte que forman un bosque impenetrable, por tal motivo e así mesmo por imperativo legal, decidimos acometer a deforestación desa ampla zona. Sen lugar a dúbidas que respectaremos todas as especies frondosas que se atopen entre as invasoras, afirma o presidente dos comuneiros de Camposancos.  

 Será un traballo moi complicado - prevé José Fernando Martínez - polas fortes pendentes e que  os traballos teñen que realizarse manualmente porque Patrimonio da Xunta de Galicia non permite actuar con maquinaria motorizada para preservar posibles restos arqueolóxicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario