UN MILLEIRO DE PERSOAS SAIRON AS RÚAS DE VIGO, EN DEFENSA DA INDUSTRIA E DO EMPREGO NA COMARCA
Convocadas pola CIG
Arredor dun milleiro de persoas, mobilizáronse onte en Vigo convocadas pola CIG
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
Arredor dun milleiro de persoas, segundo fontes sindicais, mobilizáronse onte en Vigo convocadas pola CIG en defensa da industria e do emprego na comarca e para reclamar a derrogación inmediata das reformas laborais e das pensións.
Ao remate da manifestación entre Vía Norte e a farola de Urzaiz, o secretario comarcal, Alberto Gonçalves, alertou da grave crise industrial e produtiva que padece a bisbarra, especialmente no naval (desaparición de empresas como Vulcano e Barreras) e na automoción (deslocalización e precarización laboral) e reclamou a intervención da Xunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario