O BNG da Guarda anunciou que ía facilitar a aprobación da Conta Xeral para impedir a perda de máis subvencións
Anxo Lois Baz Vicente (portavoz do BNG no Concello de A Guarda): “Ante o desleixo e debilidade do Goberno do PSOE precisamos actuar con altura de miras”
Anxo Lois Baz Vicente (portavoz do BNG no Concello de A Guarda)
Infogauda / A Guarda
Neste martes día 14 de xaneiro de 2020 celebrouse un pleno extraordinario para aprobar a Conta Xeral do ano 2018. Previamente, a última hora de onte, o portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, manifestou que “frente ao desleixo e debilidade do goberno do PSOE precisamos actuar con altura de miras para frear a hemorraxia de axudas perdidas por non seren capaces de presentar a Conta Xeral a tempo”.
“O feito de non ter presentado no prazo requerido a Conta Xeral por parte do goberno do PSOE, levounos - engadiu Anxo Lois Baz - xa a non poder optar a tres subvencións da Xunta de Galiza como no seu momento denunciamos dende o BNG.
As subvencións as que xa non podemos optar son aquelas destinadas a recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos, recuperación ou mellora de miradoiros, sendeiros, rutas, a adecuación de espacios destinados ao estacionamento de vehículos, asi como ao embelecemento das vías, ocultamento de colectores de residuos, eliminación de cableado aéreo, recuperación de elementos de interese etnográfico ou de arquitectura tradicional, ademais de proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo para os anos 2020 e 2021”.
Por último, o portavoz nacionalista sentenciou: “De non aprobarse a conta xeral canto antes, as axudas para a festa da lagosta ou para novas infraestructuras perderíanse tamén algo do que o BNG non vai ser complice. Este é o motivo polo que facilitaremos a aprobación da Conta Xeral”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario