A SITUACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA A DEBATE
O xoves día 23 ás 8 da tarde no Centro Cultural da vila
Plataforma pola defensa da sanidade pública da Guarda
A Plataforma pola defensa da sanidade pública da Guarda, organiza un acto público no Centro Cultural da Guarda o próximo xoves día 23 ás 8 da tarde na que anima a participar a todo o vecindario.
Neste acto participarán o médico, membro de SOS sanidade pública, Manolo Moreira e a enfermeira, ex-traballadora do PAC da Guarda, Pilar Rodríguez. A exposición estará centrada nos efectos dos recortes e os procesos de privatización da sanidade pública e como estas políticas da Xunta de Galiza deterioran o servizo sanitario.
Tamén se informará da manifestación que se celebrará en Santiago o próximo 9 de febreiro organizada por todas as Plataformas en defensa da Sanidade Pública de Galiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario