A nova avenida de Tomiño será aberta ao tránsito o domingo 22 de decembro
A inauguración do vial estaba prevista para este sábado, pero tivo que suspenderse por mor das previsións meteorolóxicas
Infogauda / Tomiño
A nova avenida de Tomiño que rodeará o centro urbano co obxectivo de retirar o tráfico de paso do núcleo da vila, será aberta o vindeiro domingo despois da II Carreira de Nadal.
A inauguración da obra, que estaba prevista para este sábado 21 de decembro, coa asistencia da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e demais membros da corporación local, tivo que cancelarse por mor das previsións meteorolóxicas adversas.
Para facer a esta importante infraestrutura, asinouse un convenio a tres bandas (Concello, Deputación e Xunta de Galicia) en agosto do pasado ano, que permitiu dar os pasos formais para poder chegar ás obras, cun orzamento de 3.545.623,60 euros (2.351.163,26 euros aportados pola Deputación provincial, 261.240,36 euros polo Concello de Tomiño, e 933.219,98 euros pola Xunta de Galicia en concepto de expropiacións) a dividir en diferentes anualidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario