Dentro da axenda de Nadal
O Grupo Virxe do Alivio celebrará este sábado o tradicional festival folclórico
O domingo terá lugar a segunda carreira popular, organizada polo Club Atletismo Trega, de Tomiño, en colaboración co Concello
Infogauda / Tomiño
O sábado 21 de decembro ás 20:00 horas, no auditorio de Goián, o Grupo de Gaitas e Baile Virxe do Alivio, ofrecerá o seu xa tradicional Festival de Nadal, e con entrada de balde para todos os públicos.
A II Carreira de Nadal, terá lugar o domingo 22, se o tempo o permite. Organizada polo Club Atletismo Trega de Tomiño en colaboración co Concello.
O mesmo día, ás 18:00 horas, celebrarase o derradeiro concerto do ano da Agrupación Musical de Goián; un evento moi especial, xa que participa boa parte do alumnado da Escola de Musica; Banda Infantil e a propia agrupación.
Entrada de balde.
Máis actos:
Os días 26 e 28, o Mercado Municipal acollerá dúas actividades infantís. O venres 26 de 17:00 a 19:00 horas, haberá diferentes obradoiros e actividades lúdicas a cargo de Migallas Teatro. Actividades de balde para nenas/os a partir de 3 anos.
O domingo 28 ás 17:00 horas “Contos do animalario” da compañía Daboapipa, achegará un espectáculo para toda a familia con música en directo. Unha viaxe polos montes, prados e camiños verdes, chea de encontros con animais marabillosos e estraños.
Malasombra Producións pechará decembro (domingo 29) cun espectáculo para público familiar, no que dous operarios da limpeza descobren as posibilidades das súas ferramentas de traballo para producir pompas de xabón. No auditorio, ás cinco da tarde, con entradas a prezos populares (persoas adultas 3 euros e nenos/as menores de 14 anos, 2 euros), que se poden comprar en taquilla dende unha hora antes do comezo da función.
Ningún comentario:
Publicar un comentario