Concerto de panxoliñas
O domingo día 22 de decembro, ás 17:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de Oia
Coa participación das corais: A Torre (Maside), Cantares (Coles) e Vagalume (Oia)
Infogauda / Oia
A Coral Polifónica Vagalume, coa colaboración do Concello de Oia, organiza un concerto de panxoliñas que terá lugar o domingo día 22 de decembro, ás 17:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de Oia.
O programa incluirá a participación de dúas corais convidadas, A Torre, de Maside, e Cantares, de Coles, ambas procedentes da provincia de Ourense, exercendo de anfitrioa a Coral Polifónica Vagalume, de Oia.
Entrada libre.

Ningún comentario:
Publicar un comentario