Obradoiro interxeracional de bailes e cancións
Últimos días para inscribirse
Infogauda / Oia
Oia acollerá neste mes de decembro un obradoiro interxeracional de bailes e cancións, que se desenvolverá en Torroña no marco do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra. O prazo de inscrición continúa aberto ata o próximo 13 de decembro.
A actividade denominada “Bailes e cancións de agora e de sempre”, vai dirixida a persoas adultas e menores a partir dos 6 anos.
As sesións terán lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro nas Escolas de Torroña, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
As persoas interesadas en participar neste obradoiro poden inscribirse no Concello de Oia (986 362 125) ata o venres día 13.
Ningún comentario:
Publicar un comentario