2 de dec. de 2019

O ROSAL

REUNIÓN ENTRE A ALCALDESA E A PRESIDENTA DE ACUBAM, NO CONCELLO DO ROSAL 

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández - no centro da imaxe -, e a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez, tiveron unha reunión na que puideron manter un primeiro contacto e falar de cuestións, problemáticas e retos concretos nos que deben traballar conxuntamente. 

 Ambas comparten e acreditan nas potencialidades do sector agrícola no Concello e na Comarca. Na xuntanza mantida falaron desta cuestión e doutros temas relevantes como é «A Mostra de Cultivos do Baixo Miño». 

 Nestes intres, acuBam engloba ás empresas da comarca que traballan no agro desde diversos puntos: empresas hortícolas, viveiros ou productoras de flor cortada e todo o conxunto de empresas auxiliares nas que estas se apoian. «Sen dúbida, debemos colaborar e sentar uns alicerces sólidos de comunicación entre o Concello do Rosal e acuBam. O Rosal caracterizouse sempre por ser horta do Baixo Miño. Entre todos debemos traballar na revalorización da horta, o agro e fomentar o aproveitamento da terra como medio de vida na propia educación dos nosos cativos. 

 Para iso é preciso que camiñemos xuntos e fagamos valer o sector agrícola do Rosal e da Comarca co obxectivo de facer forza e conseguir unha maior implicación da Xunta de Galicia», afirma a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Ningún comentario:

Publicar un comentario