14 de dec. de 2019

MADRID



PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 16 AO VENRES 20 DE DECEMBRO DE 2019




Luns, 16

19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro "CUENTO DE LA TRAVESÍA DE LAS MUSAS", de João Pedro  Mésseder, unha coidada obra publicada por Hércules de Edicións, con ilustracións da artista compostelá  Raquel Senra Fernández.


 A Travesía das Musas é unha rúa estreita nun barrio vello e pobre dunha antiga cidade pero nela vive Juan rodeado de poesía e diversión que comparte cos seus veciños xunto cos desexos de aventura e liberdade.



 No acto intervirán, ademais do autor João Pedro  Mésseder, a ilustradora Raquel Senra Fernández; e a editora, Laura Rodríguez Herrera.




Xoves, 19

19:30 horas 

 Presentación do libro, “CANCIONEIRO DÁ  SEITURA DE MANZANEDA E TERRAS DE  TRIVES”, do  musicólogo Xosé Lois  Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense, editado polo Consello da Cultura Galega. Un recompilatorio con máis de 300 pezas musicais populares da zona. A obra é un amplo estudo antropolóxico dos cánticos agrarios e festivos desta comarca ourensá realizado por Foxo durante máis de corenta  anos de investigación.



Participarán, ademais do autor Xosé Lois  Foxo os alcaldes dos concellos da comarca, así como o folklorista e gaiteiro Fernando  Molpeceres. A presentación contará tamén con breves intervencións musicais de  cantareiras e da Banda de Gaitas  Lume de  Biqueira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario