O persoal de panaderías e pastelerías da provincia de Pontevedra solicita unha nova xuntanza coa patronal
Para negociar un convenio digno
No caso de que o empresariado siga a propoñer recortes presentarán unha denuncia na Inspección de Traballo
Vista parcial dos asistentes a asemblea de traballadoras/es de panaderías e pastelerías celebrada onte na Unión Comarcal de CC.OO. de Vigo
Foto: CIG
Infogauda / Vigo
Os traballadores/as do sector de panaderías e pastelerías da provincia de Pontevedra acordaron onte en asemblea solicitar unha nova xuntanza coa patronal do sector -APROINPA- , para o vindeiro 26 de decembro co obxectivo de trasladarlle a súa oposición á proposta de suba salarial e de eliminar o actual complemento de domingos e festivos.
Ao mesmo tempo, a CIG, CCOO e UGT -os sindicatos que convocaron a asemblea- anuncian que no caso de que a patronal continúe con esta proposta de recorte de dereitos presentarán unha denuncia conxunta na Inspección de Traballo sinalando que o 95% das panaderías e pastelerías incumpren o convenio colectivo actual, esixindo unha actuación inmediata da autoridade laboral.
Finalmente, adiantan que no mes de xaneiro celebrarán unha nova asemblea para decidir novas medidas de presión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario