5 de dec. de 2019

A GUARDA

O BNG solicita a convocatoria da xunta de portavoces do Concello da Guarda 

Para dar unha resposta conxunta a falta de médicos na localidade   

Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Ante a situación insostíbel que estamos a padecer pola falta de persoal facultativo no Centro de Saúde da Guarda, o BNG ven de solicitar a reunión de portavoces dos grupos municipais para levar adiante unha reclamación conxunta diante da Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza, co fin de que cubra as baixas do persoal sanitario do centro de saúde da Guarda. Dese xeito ven de pronunciarse Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.  



 O portavoz do BNG na localidade, tamén afirmou: “Levamos anos denunciando a falta de medios do PAC da Guarda e propoñendo en todos os Orzamentos que presenta a Xunta de Galiza, que se dote ao centro dunha ambulancia medicalizada, do servizo de raios ademais dun equipo médico a maiores para urxencias. A toda esta problemática únese nos últimos tempos a falta de facultativos no Centro de Saúde”.  

 Asemade o portavoz nacionalista indicou: “Non é tolerable esta situación, polo que desde o BNG, apoiaremos todas as iniciativas que conduzan a esixirlle a Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza que cese nos recortes en sanidade e que dote ao Centro de Saúde e ao PAC da Guarda dos medios materiais e humanos necesarios".

Ningún comentario:

Publicar un comentario