2 de nov. de 2019

TUI

O BNG fará un acto público en Tui 

O próximo martes, a partir das 20:30 horas, na sala Félix da Área Panorámica

 Infogauda / Tui

 A organización nacionalista explicará, nese acto, a necesidade de que unha voz galega defenda os intereses dos galegos no Parlamento Español.     

 Problemáticas como a liberación das portaxes na AP9, a situación precária da xuventude galega, que se ve obrigada a emigrar, o deterioro da sanidade pública, a urxencia de contar con tarifa elétrica própria para a industria electrointensiva, que permita obter beneficios de ser productores de enerxía, entre outros, serán tratadas no acto.   

 A importancia de que o BNG volte a ter presenza en Madrid e as linhas xerais do traballo que van ser desenvoltas no Parlamento, será explicada por tres representantes na sala Félix da Área Panorámica a partir das 20:30 horas. Abrirá o acto Carme Núñez, médica e portavoz municipal, e intervirá o candidato número un ao Senado pola provincia de Pontevedra, André Vidal Capón, tudense e estudante de Bioloxía. Pechará o encontro a deputada no Parlamento Galego, Montse Prado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario