2 de nov. de 2019

A GUARDA

PREMIOS GALICIA DE TURISMO

A desembocadura do río Miño dende o Monte Santa Trega opta ao Premio Escenario 2019




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ven de facer público que a desembocadura do Río Miño dende o Monte Santa Tegra é unha das 24 localizacións seleccionadas para a votación dos Premios Galicia de Turismo para optar ao premio “Escenario”, convocado polo cluster de Turismo de Galicia.

 No momento de redactar esta información lidera a clasificación provisoria á localidade de Ribadavia, na provincia de Ourense, con 1.512 votos, seguida da Torre de Hércules, na cidade da Coruña, con 1.240 votos. En terceira posición, atópase polo de agora, O Fuciño do Porco, no Vicedo, provincia de Lugo, con 925 votos.

 Polo que respecta á desembocadura do río Miño desde o Monte Santa Trega, na localidade de A Guarda (Pontevedra), neste intres contabiliza 421 votos.

 As persoas que desexen participar na votación deben premer na seguinte ligazón:


Ningún comentario:

Publicar un comentario