25 de nov. de 2019

TRIBUNA ABERTA

37 VECIÑ@S DA GUARDA CONTRA A COMUNIDADE DE MONTES DA GUARDA   

 O próximo martes 3 de decembro celebrarase no xulgado nº 2 de Tui un xuizo contra a Comunidade de Montes da Guarda. 37 veciñ@s da Guarda vémonos na obriga de denunciar a sua directiva por omisión continuada das nosas solicitudes de alta como comuneir@s.   

 Meses, incluso anos, levamos tentando entrar na Comunidade de Montes sen recibir, na maioría dos casos, resposta algunha por parte da directiva ou do seu presidente. Fartos desta situación só nos queda levalos ante a xustiza. E que saiban que non vamos parar ata convertir a Comunidade de Montes da Guarda nunha Comunidade de Veciñ@s de verdade e non nun coto privado, como ata o de agora.   

 Dende este pequeno grupo de veciñ@s tamén queremos alentar a tod@s @s veciñ@s da Guarda a exercer o seu dereito como tais, e solicitar a sua alta como comuneir@s, algo que poden facer simplemente enviando un correo co seu Padrón e o seu DNI ao seguinte enderezo electrónico: monteguarda@hotmail.com solicitando a sua alta como comuneir@.   

 O monte é de tod@s!

Simón Uveira Acunha
A Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario